Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 2 de novembro de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de colector xeral de augas residuais ata a rede de Limodre, da actuación industrial polígono Vilar do Colo. De acordo co disposto no artigo 117.3º do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública polo prazo de quince días desde a publicación do presente anuncio no Diario oficial de Galicia, para que as persoas interesadas poidan examina-lo seu contido nas dependencias de urbanismo da Casa do Concello e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Fene, 21 de novembro de 1995.

O Alcalde

Rubricado

95-8079