Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión ordinaria do día vintesete de outubro de 1995, acordou inicia-lo expediente de expropiación forzosa, con ocupación urxente, dos bens e dereitos necesarios para a complementación do vial de acceso ó pavillón multiusos do Sar, na rúa do Gaiás.

En cumprimento do disposto no artigo 56 do Regulamento de expropiación forzosa, o Concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos quince días que seguen á publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Relación de bens e dereitos afectados:

Predio nº: 233. Referencia catastral: polígono 28. Parcela 316.

Propietarios: herdeiros de Benigno Ramos Varela.

Clasificación urbanística: solo urbano. Ordenanza 5.

Superficie afectada: 168 m.

Outros bens: muro de cerramento.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1995.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo

95-8077