Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno municipal, na sesión celebrada o día 3 de novembro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar, con carácter inicial, unha modificación puntual do P.E.-2, área lindante coa ria do Burgo, redactado polos servicios técnicos municipais, que ten como obxecto incorporar a este os viais previstos no P.A.U. e P.P. da área 3 de S.U.N.P.

Durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente nas oficinas municipais e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 9 de novembro de 1995.

Carlos Martínez Rego

Alcalde de Culleredo

7828