O Pleno Municipal, na sesión celebrada o día 3 de novembre de 1995, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar, con carácter inicial, unha modificación puntual do P.E.-1, área lindante coa ría do Burgo, redactado polos servicios técnicos municipais, que ten como obxecto incorporar a este os viais previstos no P.A.U. e P.P. da área 3 de S.U.N.P., así como a situación exacta das pasarelas peonís de comunicación do paseo fluvial co paseo marítimo.
Durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente nas oficinas municipais e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.
Culleredo, 9 de novembro de 1995.
Carlos Martínez Rego
Acalde de Culleredo
7829