Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.260

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (180/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial.

Fai saber que, neste xulgado do meu cargo se seguen autos de proceso civil de cognición co nº 180/1994, a pedimento de Luisa López Fernández, representada polo procurador Regueiro Muñoz, contra José Rodríguez Corzo e Dolores Villar Rilo, en situación procesual de rebeldía, sobre resolución de contrato de arrendamento, e dictouse sentencia con data do 9 de xuño de 1995, cun encabezamento e decisión que literalmente din:

«Sentencia: en Santiago de Compostela, o nove de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de cognición nº 180/1994, sobre resolución de contrato de arrendamento, sendo demandante María Luisa López Fernández, maior de idade, baixo a representación do procurador Regueiro Muñoz, e defensa letrada de José López Fernández; e aparecendo como parte demandada José Rodríguez Corzo e Dolores Villar Rilo, ambos maiores de idade, declarados en rebeldía.

Decido que admito a demanda presentada por María Luisa López Fernández contra José Rodríguez Corzo e Dolores Villar Rilo, e debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento da vivenda nº 11, piso 4º, da rúa Amor Ruibal desta cidade, sen dar lugar á prórroga do arrendamento; e condeno os demandados ó desafiuzamento da referida vivenda no prazo legal, e deben deixala libre, expedita e baleira, á disposición da demandante, cos apercibimentos de lanzamento se non o verificase no prazo legal, con expresa imposición de custas ós demandados.

Contra esta sentencia cabe presentar recurso de apelación ante este xulgado nun prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, que lle será notificada á parte demandada rebelde no modo e forma que preceptúan os artigos 282 e 283 da Lei de axuízamento civil, de non instarse a persoa dentro do quinto día, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes e publicar no DOG, expido o presente edicto, que é dado en Santiago de Compostela o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-8032