Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.260

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (316/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 316/1995, por instancia de José Luis Míguez Rey, representado pola procuradora Esperanza Álvarez, sobre reclamación de cantidade; por medio da presente cédula emprázase o demandado Galfruit, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ó devandito demandado, Galfruit, S.L., a quen se lle fai saber que as copias da demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Gonzalo Xurxo Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

95-7205