Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.259

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (375/1995).

Nos presentes autos de divorcio número 375/1995, promovidos por María Esther Pego Pena contra Ángel Rego Ríos, dictouse a reslución seguinte:

Proposta de providencia.

Secretario/a Ojea Muñiz.

En Ribeira o vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Dada conta; dáse por presentada a anterior demanda cos documentos que a acompañan e copias preceptivas, ás que se dará destino legal, fórmense os oportunos autos que se rexistrarán cos da súa clase.

Admítese a trámite a demanda de divorcio nº 375/1995, que se insta a que se substanciará segundo as normas procesuais que lle son propias e, confírase traslado ó demandado Ángel Rego Ríos para que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, en forma, e conteste a demanda formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de que, se non o verificar, será declarado en rebeldía e recaerán os demais prexuízos que sinala a lei. Descoñecido o domicilio do demandado, expídase oportuno edicto que se publicará no DOG e fágase entrega del ó procurador da parte demandada co fin de que se encargue das súas dilixencias.

Tense por comparecido en forma e parte, na representación de María Esther Pego Pena, o procurador/a Arca Soler, segundo acredita coa oportuna copia de poder, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias na forma que determina a lei.

Así o propoño e asino. Conforme: o/a xuíz/a. Perante min.

Para que sirva de emprazamento en legal forma para tódolos fins e termos legais a Ángel Rego Ríos, expido e asino a presente cédula en Ribeira o vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O/A secretario/a

Rubricado

95-7114