Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.259

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (104/1993).

En virtude do disposto pola xuíza de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, María Luisa Cardesín Díaz, en providencia desta data, dictada en autos de xuízo executivo número 104/1993, a pedimento de M. Díaz y Prieto, S.A., representado polo procurador Carlos Fernández Rial, contra Manuel Meijide López, Divina Varela Miramontes, Antonio Meijide López e Guadalupe Casas Raña, veciños os dous primeiros de Ordes, con domicilio na r/ Vilar, nº 42, e os dous últimos veciños de Arzúa e con domicilio en Viso s/n, en reclamación da cantidade de 3.864.118 ptas. de principal, e a de 900.000 ptas. fixadas para xuros e custas, por providencia con data do 21 de xullo de 1993, e ó ser descoñecido o domicilio dos demandados Antonio Meijide López e Guadalupe Casa Raña e sen o previo requirimento de pagamento, acordouse o embargo dos seguintes bens:

-Propiedade de Manuel Meijide López e Divina Varela Miramontes:

Predio labradío «Encima da aldea», dun ferrado aproximadamente, igual a seis áreas e trinta e nove centiáreas. Linda: ó norte, camiño da Espenica, que separa de máis predios dos doadores; sur, camiño do Castro; leste, José María Rey Boga (antes Estrella Noya Boquete); e oeste, Manuel Ferreiro Recouso (antes seu pai José Ferreiro Rama), coñecida tamén co nome «do Regueiro». O demandado construiu unha vivenda no predio citado composta de semisoto e planta baixa, cunha superficie de 8,50 por 11 metros, en formigón armado e ladrillo, con cuberta de prancha de fibracemento acanalado, a superficie de 95,75 metros cadrados.

-Propiedade de Antonio Meijide López:

Zona de Oroso-zona de concentración parcelaria de Ángeles Calvente Pasarelos:

Predio número 545 do plano xeral de concentración parcelaria da indicada zona toxeira, no sitio de Fieiteira, dunha hectárea e dezasete áreas, cincuenta centiáreas. Linda: ó norte, Manuel Boo Ferreiro; sur e oeste, camiños; e leste, zona excluída. Inscrita no tomo 284, libro 24, folio , predio 2.843, inscrición 1ª. E acórdase así mesmo verifica-la citación de remate, por medio do presente edicto, na forma previda polo artigo 269 da Lei de axuizamento civil e concederáselles ós mencionados demandados o termo de nove días, para que comparezan nos referidos autos e se opoñan á execución, se lles conviñese, e signifícolles que están á súa disposición na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

E para que o anteriormente dito teña efecto, publíquese no Diario Oficial de Galicia e quede unha copia nos locais deste xulgado.

Ordes o un de setembro de mil novecentos noventa e tres.

A xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9507335