Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscripción no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio interprovincial da empresa Compañía de Radio Televisión de Galicia e as súas sociedades.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da empresa Compañía de Radio Televisión de Galicia e as súas sociedades, que se subscribiu o 28-9-1995 entre a representación da empresa e dos traballadores trala mediación celebrada ó amparo do previsto no acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de traballo da Compañía de Radiotelevisión de Galicia e as súas sociedades, Televisión de Galicia, Sociedade Anónima; Radiotelevisión Galicia, Sociedade Anónima

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito.

1.1. Este convenio colectivo é do ámbito da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e das súas sociedades (TVG, S.A. e RTG, S.A.), e regulará as relacións laborais de traballo entre a dita compañía e os seus empregados e empregadas, agás nos casos seguintes:

1.1.1. Persoal que teña asinado contrato de alta dirección, de acordo co establecido no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto.

1.1.2. Colaboradores ou asesores contratados no réxime de contrato civil ou mercantil de arrendamento de servicios.

1.1.3. O persoal artístico en xeral, en concreto actores integrantes de cadros artísticos, coros, músicos, cantantes, orquestras e agrupacións culturais, contratados para traballos concretos. Non se considerarán

contratos artísticos os que teñan por obxecto a prestación de funcións correspondentes ás categorías profesionais previstas no presente convenio colectivo.

1.1.4. Os axentes publicitarios rexeranse polas condicións que se establezan nos seus respectivos contratos.

Artigo 2º.-Vixencia.

2.1. Considérase vixente este convenio desde o día 1 de xaneiro de 1994 ata o 31 de decembro de 1997.

Artigo 3º.-Duración.

3.1. O convenio terá unha duración de catro (4) anos.

Artigo 4º.-Prorrogación.

4.1. O convenio quedará prorrogado automaticamente por sucesivos períodos dunha anualidade no caso de non ser denunciado por ningunha das partes.

Artigo 5º.-Das condicións de traballo en casos especiais.

5.1. A dirección informará previamente ós comités de empresa das condicións de traballo en eventos especiais previsibles e solicitará o seu informe, tal e como está establecido no artigo correspondente do Estatuto dos traballadores, de se produciren modificacións substanciais das condicións de traballo.

5.2. En caso de eventos imprevistos, a dirección informará ós comités de empresa das retribucións económicas do persoal que participe no devandito evento, despois do suceso e antes de facer efectivo o pagamento das retribucións. Esta información non demorará máis dun mes despois de remata-lo evento.

5.3. En ningún caso a dirección negociará compensacións económicas non previstas no presente convenio colectivo con persoas ou grupos á marxe da representación legal dos traballadores e traballadoras.

Artigo 6º.-Denuncia.

6.1. As partes poderán denunciar este convenio para a súa rescisión ou revisión. A denuncia farase por escrito, no que unha parte se dirixirá á outra parte e máis á autoridade laboral cunha antelación mínima de 30 días respecto do vencemento inicial ou de calquera das prorrogacións.

Capítulo II

Prelación normativa. Absorción e compensación. Vinculación coa totalidade.

Artigo 7º.-Prelación normativa.

7.1. As normas deste convenio aplicaranse con carácter prioritario e preferente respecto de calquera outra disposición ou norma legal.

7.2. No non previsto, serán de aplicación o Estatuto dos traballadores e mailas outras disposicións legais de carácter xeral que regulen as relacións de traballo.

Artigo 8º.-Absorción e compensación.

8.1. As normas deste convenio substituirán os pactos e outras disposicións que ata o de agora regulaban as relacións de traballo entre as partes, que quedarán

extinguidas e sen efecto e absorbidas e compensadas polas deste convenio.

8.2. Tódalas modificacións legais de dereito necesario que melloren as condicións de traballo ou as retribucións establecidas neste convenio aplicaranse dun xeito inmediato en beneficio dos traballadores e traballadoras.

Artigo 9º.-Vinculación coa totalidade.

9.1. A negociación e o pacto deste convenio fixéronse coa vontade de que sexa a fonte prioritaria de regulamento das relacións entre as partes; daquela, o seu carácter obrigatorio e normativo deberase considerar no seu conxunto como un todo orgánico e indivisible, mesmo naquelas partes da convención en que os contratantes estableceron condicións diferentes ou especializadas con respecto ás xerais da lei.

9.2. No suposto de que algunha das condicións pactadas fose nula, ineficaz ou non válida, segundo resolución da autoridade laboral ou por sentencia xudicial, no exercicio da legalidade establecida no artigo 90.5º do Estatuto dos traballadores, as partes, mediante a comisión paritaria, dispoñerán dun prazo de 30 días para adopta-las medidas que procedan para o obxecto de emenda-las anomalías.

Capítulo III

Comisión paritaria

Artigo 10º.-Comisión paritaria.

10.1. Composición.

10.1.1. A comisión paritaria compoñerana 12 membros; 6 representantes da empresa e outros 6 dos traballadores e traballadoras. Haberá un número igual de suplentes por cada parte. Estes membros serán nomeados por cada unha das respectivas partes, e procurarase que as persoas designadas formasen parte da comisión negociadora do presente convenio colectivo.

10.2. Funcións da comisión paritaria.

10.2.1. Serán funcións da comisión paritaria todas aquelas actividades que tendan a mellora-la eficacia práctica do convenio e mailas establecidas no texto, amais das que se especifican nos parágrafos seguintes:

10.2.2. Interpreta-lo convenio, co fin de resolve-las consultas que ás partes lles formule o comité de empresa, a dirección ou calquera traballador ou traballadora.

10.2.3. Vixilancia da aplicación do convenio.

10.2.4. Mediar nos conflictos individuais ou colectivos entre as partes, cando o pida calquera dos interesados ou interesadas no conflicto.

10.2.5. Arbitraxe dos conflictos individuais ou colectivos cando as partes interesadas se sometan previamente por escrito. O resultado da arbitraxe será vinculante para ámbalas partes.

10.3. Procedemento de actuación.

10.3.1. A comisión paritaria reunirase cando se lle formule calquera dos problemas do ámbito das funcións que lle son propias. A solicitude deberá pre

sentarse por escrito á Dirección de Recursos Humanos, a cal lle remitirá copia á parte social da comisión paritaria.

10.3.2. Desde o momento en que se lle formule calquera problema, a comisión terá que se reunir no prazo máximo de 10 días e decidir nun prazo máximo de 10 días máis.

10.3.3. Os acordos da comisión paritaria tomaranse por unanimidade e, para seren válidos, a comisión terá que estar composta por un mínimo de 6 membros, sempre con carácter paritario.

10.3.4. De tódalas actuacións da comisión paritaria farase acta que asinarán os compoñentes.

Capítulo IV

Cualificación e clasificación do persoal.

Artigo 11º.-Cualificación do persoal.

11.1. O sistema de avaliación de postos de traballo dará unha cualificación por niveis, nos que quedarán incluídas as categorías laborais da empresa, cun nivel salarial para cada unha.

Artigo 12º.-Clasificación do persoal.

12.1. A clasificación do persoal é a que figura como apéndice un (1) deste convenio colectivo.

Capítulo V

Organización do traballo.

Artigo 13º.-Organización xeral.

13.1. A organización xeral da CRTVG, TVG, S.A., e RTG, S.A. é competencia dos seus órganos rectores.

13.2. Son materia de organización xeral, entre outros, os planos, previsións, orzamentos, programas e obxectivos de tódalas áreas da CRTVG, TVG, S.A. e RTG, S.A.; a determinación de tódalas estructuras que en cada momento mellor se acomoden ás finalidades establecidas; a descrición e a asignación das atribucións e das responsabilidades de cada unidade orgánica; o nomeamento das xefaturas e maila implantación de métodos de control para avalia-la xestión realizada.

13.3. De todo o anterior daráselle información á representación legal dos traballadores e traballadoras con antelación á súa posta en práctica.

Artigo 14º.-Organización do traballo.

14.1. Na organización do traballo, sendo competencia da dirección, serán escoitados os representantes legais dos traballadores, de acordo co Estatuto do traballadores.

Capítulo VI

Cadro do persoal. Provisións das vacantes. Contratación. Período de proba. Promoción profesional. Extinción do contrato.

Artigo 15º.-Cadro de persoal fixo.

15.1. O cadro de persoal fixo da empresa está composto polos empregados e empregadas vinculados por relación laboral común, de carácter indefinido. A aprobación do cadro de persoal fixo correspóndelle ó Con

sello de Administración da Compañía de Radio e Televisión de Galicia.

15.2. A dirección acordará, oídos os representantes legais dos traballadores e traballadoras, a provisión ou a amortización das vacantes que se poidan producir no cadro de persoal, de acordo co aprobado polo Consello de Administración da Compañía de Radio e Televisión de Galicia.

Artigo 16º.-Provisión de vacantes do cadro de persoal.

16.1. Cando a dirección da empresa proceda á provisión de vacantes do cadro de persoal fixo de empregados e empregadas incluídos no ámbito deste convenio, terá que o facer consonte ós procedementos que se establecen neste capítulo respectando a seguinte orde de preferencia para poder acceder:

1.-Os excedentes da mesma categoría en expectativa de reingreso.

2.-Os empregados e empregadas da mesma categoría do cadro de persoal fixo, por traslado voluntario.

3.-Os empregados e empregadas do cadro de persoal fixo por razón da promoción interna.

4.-Os empregados e empregadas de nova incorporación.

16.2. A provisión de vacantes da quenda de excedentes farase de acordo coa normativa do artigo 36º do presente convenio.

16.3. A provisión de vacantes para empregados e empregadas da mesma categoría, por razón da súa mobilidade funcional ou xeográfica, farase de acordo co que se establece no artigo 40º deste convenio.

Artigo 17º.-Provisión de vacantes para a promoción de empregados e empregadas.

17.1. A provisión destas vacantes farase mediante concurso restrinxido entre os empregados e empregadas fixos do cadro do persoal en activo que teñan un mínimo de doce meses de antigüidade.

Artigo 18º.-Provisión das vacantes por incorporación de novos empregados e empregadas de carácter fixo.

18.1. A provisión destas vacantes farase mediante concurso-oposición público ó que terá acceso calquera persoa que reúna os requisitos que fixe a convocatoria.

Artigo 19º.-Procedemento para o concurso-oposición público.

19.1. Constitución do tribunal.

19.1.1. O tribunal constituirase durante os 20 días seguintes ó acordo da dirección para a provisión de vacantes mediante concurso.

19.2. Composición do tribunal.

19.2.1. O tribunal estará composto por:

-O director xeral da CRTVG ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

-O director de Recursos Humanos da CRTVG ou persoa en quen delegue.

-O director ou máximo responsable da área á que pertenza a vacante ou persoa en quen delegue.

-Tres representantes dos traballadores e traballadoras, designados polo comité de empresa entre os empregados e empregadas do cadro de persoal fixo.

-Un asesor lingüista da empresa nomeado por común acordo.

-Un profesional da especialidade correspondente, alleo á empresa.

19.2.2. No suposto de non haber acordo sobre a designación dos dous últimos compoñentes, estes serán elixidos ó chou.

19.2.3. No suposto de que a vacante ou vacantes para prover sexan dunha categoría profesional para a que se esixa título universitario superior, o profesional alleo á empresa terá que posuír ese título superior.

19.2.4. Ó outro día de toma-lo acordo e, como mínimo, cinco días antes da publicación, o comité de empresa será informado por escrito da decisión da dirección de convoca-lo concurso-oposición.

19.2.5. A designación dos integrantes do tribunal e mais dos seus suplentes farase nos cinco (5) días seguintes ó da notificación ó comité de empresa do acordo da convocatoria do concurso. O tribunal constituirase con polo menos dous tercios dos seus membros; en calquera caso deberán estar presentes o asesor lingüista e o profesional alleo á empresa.

19.3. Funcións do tribunal.

19.3.1. Garanti-lo segredo das probas.

19.3.2. Establece-la natureza das probas e o seu carácter eliminatorio ou non 10 días antes da súa realización. Estas decisións faranse públicas ó día seguinte da súa adopción, nos taboleiros de anuncios da empresa e nos medios de comunicación de maior tiraxe de Galicia.

19.3.3. Determinar, antes da realización das probas, as cualificacións mínimas necesarias para ocupa-la vacante.

19.3.4. Avalia-las probas e outorgarlles cualificacións ós aspirantes, segundo as normas que o propio tribunal aprobe.

19.3.5. Resolve-los problemas da administración e da realización do concurso-oposición.

19.3.6 Formalizar mediante actas todo o proceso do concurso-oposición e mailo resultado final.

19.3.7. As decisións do tribunal tomaranse por maioría simple. Os empates decidiranse co voto de calidade do presidente.

19.4. A convocatoria.

19.4.1. A convocatoria do concurso-oposición terá que conter, polo menos, as seguintes informacións:

-Número de vacantes para cubrir.

-Categoría á que pertencen e características do posto de traballo.

-Condicións que terán que reuni-los aspirantes.

-Temario das probas.

-Un prazo mínimo de 15 días para a admisión de solicitudes.

-Lugar e datas para realiza-las probas, que, como mínimo, se farán quince días hábiles despois da publicación da convocatoria.

19.4.2. O concurso-oposición público anunciarase mediante a publicación da convocatoria nos xornais de máxima difusión de cada unha das provincias galegas.

19.5. As probas.

19.5.1. Establécense tres tipos de probas, que necesariamente e en todo caso se levarán a cabo.

19.5.2. Proba lingüística.

Consistirá na realización dunha proba escrita e outra oral nas que se avaliará o dominio do idioma galego.

19.5.3. Proba teórica.

Consistirá no desenvolvemento de temas ou na contestación a un cuestionario sobre aspectos relacionados directamente coas funcións e obrigas propias da praza convocada.

19.5.4. Proba práctica.

Consistirá na realización dun exercicio práctico relacionado directamente coas funcións e obrigas da praza convocada.

19.5.5. En cada unha destas áreas, o tribunal establecerá as características e a cantidade das probas que cumpra realizar.

19.5.6. O tribunal decidirá o valor porcentual de cada proba, que non poderá pasar do 60%.

19.5.7. Durante a celebración das probas escritas estarán presentes, polo menos, dous membros do tribunal, que velarán pola súa correcta realización. Se o número de aspirantes o fixer necesario, o tribunal poderá nomear colaboradores para supervisa-la realización das probas.

19.5.8. Nas probas orais terán que estar presentes, como mínimo, os dous tercios do tribunal. Aqueles membros que non asistan non terán dereito á cualificación da dita proba.

19.6. Cualificación e publicación dos resultados.

19.6.1 Unha vez terminadas as probas, o tribunal procederá á cualificación, segundo os criterios de avaliación que se establecesen, e á publicación dos resultados mediante unha relación dos aspirantes por orde de cualificacións, da máis alta á máis baixa, coa especificación da cualificación mínima esixible que se establecese para ocupa-la vacante.

19.6.2. Se se estableceu o carácter eliminatorio dalgunha proba, procederase á cualificación previa das

que teñan ese carácter. Unha vez establecido o resultado, publicarase e continuarase o concurso-oposición cos aprobados.

19.6.3. As persoas que participen no concurso-oposición poderán solicitar do tribunal a revisión e a comparación do seu exame, agás as probas orais. A revisión terase que solicitar durante os cinco días hábiles posteriores á publicación dos resultados. O Tribunal resolverá este pedimento no prazo de oito días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ó do peche do prazo de reclamacións.

19.6.4. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas, convocarase no prazo de nove meses un novo proceso de provisión de vacantes segundo o establecido no artigo 16º do presente convenio.

19.7. Prazos.

19.7.1. Os prazos das distintas fases do proceso de provisión de vacantes acordaranse entre a dirección da empresa e a representación legal dos traballadores e traballadoras.

19.8.1. Os acordos contidos no artigo 19º consideraranse básicos, se ben poden ser obxecto de modificación ou desenvolvemento pola comision paritaria.

Artigo 20º.-Contratación.

20.1. A empresa, de acordo cos resultados do concurso-oposición e no suposto de haber aspirantes que superen os mínimos de cualificación esixible, procederá á contratación con carácter fixo do número de vacantes fixadas no concurso dentro do grupo de aspirantes que propoña o tribunal, nun tempo máximo de tres meses que se contarán desde a finalización do concurso se na convocatoria non se fixase un prazo superior.

Artigo 21º.-Selección do persoal non fixo.

21.1. Banco de Datos.

O persoal interino, eventual ou temporal será seleccionado a través dun banco de datos; o dito banco rexerá igualmente para os contratados e contratadas por obra ou servicio determinado con categoría profesional.

21.2. A Dirección de Recursos Humanos, cando non haxa profesionais da categoría solicitada, seleccionará os que deban formar parte do banco de datos. Participarán na dita selección o director de Recursos Humanos da CRTVG ou a persoa en quen delegue, dúas persoas designadas pola Dirección de Recursos Humanos, un asesor lingüista da empresa afectada, con voz e voto, e mais un traballador ou traballadora, elixido polo comité de empresa, con voz e voto.

21.3. A convocatoria das probas para o banco de datos anunciarase nos xornais de máis difusion de Galicia dous días despois de comunicarlle ó comité de empresa correspondente a celebración da dita proba.

21.4. Na convocatoria fixarase o lugar, o día e a hora e mailos requisitos esixidos.

21.5. O director de Recursos Humanos constituirá a comisión seleccionadora citada no artigo 21º.2 dous días antes da realización das probas.

21.6. Forman parte do banco de datos:

a) Os examinados e examinadas no concurso-oposición libre que obteñan puntuación de aprobado sen acadaren praza.

b) Os que superen unha proba específica para o acceso ó dito banco de datos na categoría profesional e na sociedade para a que optan.

c) O persoal o que fai referencia o artigo 21º.18.

21.7. No suposto de que non exista banco de datos dunha categoría laboral concreta, poderase recorrer ó banco de datos da mesma categoría profesional doutra empresa, co acordo previo cos comités de empresa afectados.

21.8. Establécense tres tipos de probas: teórica, práctica e lingüística. O valor das probas será o determinado para a selección de persoal fixo.

21.9. A comisión selecionadora levantará acta coas puntuacións obtidas polos aspirantes.

21.10. A orde de puntuación servirá para efectos de contratación. Cada persoa manterá o seu posto no banco de datos ata que acumule un ano (12 meses) de contratación. Cumprido ese período, pasará a ocupa-lo último lugar da relación do banco de datos. Entregaráselles unha relación por categorías, coas puntuacións, ós comités de empresa.

21.11. A permanencia e vixencia no banco de datos debe ser de dous anos naturais como máximo, polo que se deberá proceder á súa actualización progresiva.

21.12. No caso de que non se localice a persoa á que lle corresponde a contratación, enviaráselle un telegrama ou carta certificada para que, no prazo de tres días naturais contados a partir da recepción do escrito, responda positivamente ou ben alegue os motivos da renuncia.

21.13. A titulación solicitada para ser contratado será a esixida para ser fixo.

21.14. Daráselle baixa automaticamente no banco de datos:

a) A quen, sen motivo xustificado, rexeite unha oferta de contratación.

b) A quen se lle fixese expediente disciplinario.

c) A quen, estando no banco de datos e fose avisado, non comunicase o cambio de domicilio ou residencia.

21.15. Enviáraselles mensualmente ós comités de empresa información actualizada sobre a situación do banco de datos e copia dos escritos de renuncia.

21.16. A dirección informará previamente ó comité de empresa das contratacións, duración e tipos de contratos.

21.17. Unha comisión formada por dúas persoas da dirección e dúas designadas polo comité de empresa respectivo decidirá sobre a xustificación ou non

da renuncia, de acordo co estipulado no punto 21.12.

21.18. Contratos en prácticas e de aprendizaxe.

Estarase ó disposto no Real decreto 2317/1993 de 29 de decembro de 1993.

Para acceder ó contrato en prácticas, os candidatos farán unhas probas de selección, que serán cualificadas polo tribunal regulado no artigo 21º.2. En todo caso, a proba lingüística será obrigatoria, e terá caracter eliminatorio naquelas categorías profesionais que sexa requisito para acceder a posto de traballo fixo.

Para acceder ó contrato de aprendizaxe a comisión regulada no artigo 21.2 será a encargada de selecciona-las persoas que poderán formaliza-lo dito contrato.

Pasarán a formar parte do banco de datos aquelas persoas que aproben a selección para acceder ó contrato en prácticas. As persoas que despois de seren contratadas na modalidade de contrato en aprendizaxe e obtiveran a titulación correspondente, accederán ó banco de datos.

Nos contratos de aprendizaxe a orde de puntuación do expediente académico servirá para os efectos da súa incorporación ó banco de datos.

21.19. Contratos en prácticas.

A retribución do traballador/a será o 70% no primeiro ano e do 85% no segundo ano, do salario fixado en convenio colectivo para a categoría profesional obxecto do contrato.

21.20. Contratos de aprendizaxe.

A retribución do traballador/a será o 60% no primeiro ano, do 75% no segundo ano, e do 80% no terceiro ano, do salario fixado en convenio colectivo para a categoría profesional obxecto do contrato.

Artigo 22º.-Tempo de proba.

22.1. Tódalas contratacións para ocupar vacantes do cadro de persoal fixo estarán sometidas a un tempo de proba de tres meses naturais.

22.2. Serán computables, como tempo de proba, os períodos en que o empregado ou empregada traballase nas mesmas tarefas obxecto do contrato de fixo no cadro de persoal por razón do contrato anterior.

Artigo 23º.-Promoción interna.

23.1. Entenderase por promoción interna o cambio de categoría profesional dentro do cadro de persoal das tres empresas mediante a superación das correspondentes probas.

23.2. Candidatos.

23.2.1. Poderá solicita-lo acceso ás probas de aptitude que se establezan para a cubertura dunha praza polo sistema de promoción interna, indistintamente e para as tres sociedades, o persoal que teña a cualificación de laboral con carácter fixo na CRTVG, TVG, S.A. e RTG, S.A., cun ano de antigüidade mínima en calquera das tres sociedades, e que non teña impedimento físico para o desempeño das funcións propias do seu posto de traballo.

23.3. Tribunal.

23.3.1. O tribunal estará composto por:

-O director xeral da CRTVG ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

-O director de Recursos Humanos da CRTVG ou persoa en quen delegue.

-O director ou máximo responsable da área a que pertenza a vacante ou persoa en quen delegue.

-Tres representantes dos traballadores e traballadoras, designados polo comité de empresa entre os empregados e empregadas do cadro do persoal fixo.

-Un asesor lingüista da empresa nomeado por común acordo.

-Un profesional alleo á empresa na especialidade correspondente.

23.3.2. No suposto de non haber acordo sobre a designación dos dous últimos compoñentes, estes serán elixidos ó chou.

23.3.3. No suposto de que a vacante ou vacantes para prover sexan dunha categoría profesional para a que se esixa título universitario superior, o profesional alleo á empresa terá que posuír ese título superior.

23.3.4. Ó outro día de toma-lo acordo e, como mínimo, cinco días antes da publicación, o comité de empresa será informado por escrito da decisión da dirección de convoca-lo concurso-oposición.

23.3.5. A designación dos integrantes do tribunal e mais dos seus suplentes farase nos cinco (5) días seguintes ó da notificación ó comité de empresa do acordo da convocatoria do concurso-oposición. O tribunal constituirase con polo menos dous tercios dos seus membros; en calquera caso deberán estar presentes o asesor lingüista e o profesional alleo á empresa.

23.3.6. Os membros do tribunal non percibirán, en ningún caso, cantidade ninguha en concepto de axudas de custo pola súa asistencia ás reunións nin polo desempeño das súas funcions como tales. O tribunal poderá solicita-lo asesoramento profesional que for preciso no suposto de coidalo necesario.

23.4. Funcións do tribunal.

23.4.1. Garanti-la publicidade das convocatorias.

23.4.2. Garanti-la transparencia do proceso.

23.4.3. Garanti-lo segredo e o rigor das probas.

23.4.4. Determinar, antes da realización das probas, as cualificacións mínimas esixidas para ocupa-la praza convocada e se as probas teñen carácter eliminatorio.

23.4.5. Avalia-las probas e cualifica-los candidatos segundo as normas establecidas.

23.4.6. Formalizar mediante actas todo o proceso e o resultado final.

23.4.7. Propoñerlle á dirección a adxudicación das prazas.

23.4.8. As decisións do tribunal tomaranse por maioría simple. Os empates decidiranse co voto de calidade do presidente.

23.5. As probas.

23.5.1. Establécense tres tipos de probas, que necesariamente e en todo caso se levarán a cabo.

23.5.2. Proba lingüística.

Consistirá na realización dunha proba escrita e outra oral nas que se avaliará o dominio do idioma galego.

23.5.3. Proba teórica.

Consistirá no desenvolvemento de temas ou na contestación a un cuestionario sobre aspectos relacionados directamente coas funcións e obrigas propias da praza convocada.

23.5.4. Proba práctica.

Consistirá na realización dun exercicio práctico relacionado directamente coas funcións e obrigas da praza convocada.

23.5.5. En cada unha destas áreas, o tribunal establecerá as características e a cantidade das probas que cumpra realizar.

23.5.6. O tribunal decidirá o valor porcentual de cada proba, que non poderá pasar do 60%.

23.5.7. Durante a celebración das probas escritas haberá, polo menos, dous membros do tribunal, que velarán pola súa correcta realización. Se o número de aspirantes o fixer necesario, o tribunal poderá nomear colaboradores para supervisa-la realización das probas.

23.5.8. Nas probas orais terán que estar presentes, como mínimo, os dous tercios do tribunal. Aqueles membros que non asistan non terán dereito á cualificación da dita proba.

23.6. Convocatoria.

23.6.1. A convocatoria.

23.6.1. A convocatoria das probas faraa a dirección, de acordo coa representación legal dos traballadores e traballadoras, axustándose ós seguintes requisitos:

-Número de vacantes que se van cubrir.

-Categoría á que pertencen e características do posto de traballo.

-Condicións que terán que reuni-los candidatos.

-Temario das probas teórica e práctica.

-Prazo para a admisión de solicitudes.

-Data na que se realizarán as probas, que, como mínimo, se fará pública con 15 días hábiles de antelación contados desde a publicación da convocatoria

nos taboleiros de anuncios do persoal en tódolos centros de traballo da empresa.

23.7. Revisión das probas.

23.7.1. Os traballadores e traballadoras que participen como candidatos nas probas de promoción interna poderán solicita-la súa revisión, agás as de carácter oral.

23.7.2. A revisión solicitarase dentro dos cinco días naturais seguintes ó da publicación dos resultados das probas, mediante un escrito dirixido ó presidente o tribunal. O tribunal resolverá no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da data de entrada da solicitude.

23.8. Avaliación das probas.

23.8.1. Unha vez constituído, o tribunal decidirá o valor porcentual que terá cada proba e se algunha delas ten carácter eliminatorio. Non se lle poderá adxudicar a unha proba, en ningún caso, un valor que exceda o 60%.

23.9. O acordo contido no artigo 23º considérase básico, se ben pode ser obxecto de modificación ou desenvolvemento pola comisión paritaria de vixilancia e interpretación do convenio.

Artigo 24º.-Extinción do contrato.

24.1. O procedemento sancionador axustarase sempre ó regulado no presente convenio.

24.2. No caso de despedimento declarado nulo por sentencia do Xulgado do Social, cumprirá aterse ó disposto no artigo 55 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo VII

Xornada. Horarios. Horas extraordinarias. Descanso semanal. Festas. Vacacións.

Artigo 25º.-Xornada.

25.1. A xornada anual de traballo será a que resulte de descontar ó total dos días do ano, as 52 fins de semana, os 23 días de vacacións, e a totalidade dos festivos intersemanais.

A xornada de traballo será de 35 horas semanais feitas en cinco días consecutivos.

25.2. Os diferentes grupos horarios poderán adopta-los seguintes tipos de xornada:

25.2.1. Xornada partida.

É aquela que, realizándose sempre en período diúrno, está repartida en dous bloques ó día, cunha interrupción mínima para xantar dunha hora e de dúas como máximo, que se poderá ampliar ata tres horas, de acordo co comité de empresa correspondente.

25.2.2 Xornada continuada.

É aquela que se establece nun só bloque diúrno ou nocturno. Neste tipo de xornada haberá unha pausa para o descanso de vinte (20) minutos consecutivos de duración. Este tempo de descanso computarase como tempo efectivo de traballo para tódolos efectos.

Artigo 26º.-Horarios.

Os horarios terán as seguintes modalidades:

26.1. Horario fixos.

26.1.1. Os horarios fixos son os establecidos con carácter permanente.

26.2. Horarios de quendas.

26.2.1. Son os horarios planificados por períodos de 4 semanas, con xornada continuada, repartidos entre mañá, tarde e noite. Estes horarios axustaranse sempre ás bandas horarias do artigo 36 do Estatuto dos traballadores.

26.3. Horario flexible.

26.3.1. Son aqueles nos que, aínda planificados semanalmente, o inicio e a finalización de cada xornada e maila determinación dos días laborais ou de descanso poden ser modificados pola empresa cun previo aviso mínimo de 24 horas respecto dos horarios planificados. O aviso previo terá que se lle comunicar ó empregado ou empregada no seu lugar de traballo antes de remata-la última xornada efectiva.

26.3.2. Estes horarios poderanse planificar de acordo coa xornada acordada no artigo 25º. As horas que pasen das 35 en cómputo semanal ou as que pasen de 140 en cómputo mensual, compensaranse a razón de 1,75 horas por hora traballada.

26.3.3. Cando a un traballador ou traballadora sometido a un horario flexible se lle anule a convocatoria, agás por causas non imputables á empresa, computaráselle unha xornada equivalente ó dobre do tempo efectivamente traballado, cun mínimo de dúas horas. Neste suposto a xornada poderase dividir ata un máximo de dous bloques.

26.3.4. A adscrición a estes horarios réxese polos artigos 50º e 51º.

26.4. Horario continuado de fin de semana.

É o establecido para atende-las necesidades do traballo da fin de semana. Distribúese en dous ou tres días consecutivos á semana, dous dos cales serán sábado e domingo. Este horario terá carácter voluntario. No caso de que non se puidese cubri-lo servicio, estableceríase unha quenda rotatoria obrigatoria. A composición da quenda e a súa periodicidade deberá contar coa aprobación do comité de empresa correspondente.

26.5. Horario para programas de producción propia.

Esta modalidade xorde do compromiso dos traballadores e mais da dirección da CRTVG coa intención de manter ou de incrementar cuantitativa e cualitativamente a producción propia. Este será o único obxectivo da aplicación destes horarios.

Os posibles desacordos sobre a adecuación da aplicación deste artigo os obxectivos estipulados resolveranse na comisión paritaria (Aart.10). Esta terá que resolver no prazo de dez días. Se non houbese acordo as dúas partes someteranse á mediación do AGA; e no caso de acordo expreso a arbitraxe.

Todo iso con independencia da posibilidade de acudir en calquera momento a outras vías de solución.

Con independencia do exposto nos artigos anteriores, a aqueles traballadores/as ligados á producción de programas, poderáselle aplicar un horario de quendas planificados por períodos de tres semanas, con xornada continuada o partida, repartidos entre a mañá, tarde ou noite. Terán carácter rotatorio entre os traballadores/as da unidade á que pertenzan. No caso de horarios planificados que nalgún día superen as nove horas diarias, terá caracter voluntario para o traballador a adscrición a el.

Artigo 27º.-Condicións mínimas dos horarios.

27.1. Como norma xeral, a dirección ordenará os horarios respectando os mínimos establecidos no Estatuto dos traballadores e demais disposicións de aplicación.

27.2. Os traballadores non poderán estar asignados a un horario nocturno por un período maior ó da duración dunha programación, agás que estean de acordo coa asignación.

Artigo 28º.-Horario nos centros emisores.

Nos centros emisores de Meda e O Xistral, cualificados como instalacións especiais, haberá unha dotación mínima de dous traballadores ou traballadoras en cada quenda, dado o alto risco que supón o desempeño do seu labor profesional, en condicións de illamento permanente.

Artigo 29º.-Descanso entre xeira e xeira.

29.1. Entre a fin dunha xeira e o comezo da seguinte, deberán transcorrer polo menos 12 horas ininterrompidas de descanso.

Artigo 30º.-Descanso semanal e festas.

30.1. De acordo co artigo 25º, a empresa, como norma xeral, ordenará os horarios de xeito que se sucedan 5 días laborais e dous de descanso consecutivos, e garantirá en cómputo cuadrisemanal o descanso de polo menos un domingo.

30.2. Teñen carácter de traballos en festivo os realizados naquelas festas que fixa regularmente cada ano a autoridade competente, tanto de carácter xeral coma local, publicadas no DOG como irrecuperables.

30.3. A empresa organizará o traballo para darlles festa o día que se produza a tódolos empregados e empregadas que lle sexa posible; os que non poidan gozar do día de festa terán as compensacións que se establecen no parágrafo 30.5.

30.4. As festas locais serán as que se fixan no correspondente calendario das poboacións onde estea situado o centro permanente de traballo, pero, excepcionalmente, para tódolos empregados que estean adscritos a centros permanentes da comarca de Santiago de Compostela, as festas locais serán as de Santiago de Compostela, capital. Para os empregados que estean adscritos a centros permanentes de fóra de Galicia, as festas locais serán as que acorden directamente a empresa e mailos interesados.

30.5. Os empregados e empregadas que traballen ocasionalmente en festivo ou, voluntariamente, en día libre terán unha das seguintes compensacións:

-Unha compensación económica (CE), ou

-Un día de descanso máis media (1/2) compensación económica (CE), ou

-Día e medio agás en festivos que serán dous días de descanso noutras xornadas, sen compensación económica.

A opción polas compensacións corresponderalle ó empregado ou empregada. O traballador ou traballadora e maila empresa deberán decidir, no prazo dun mes a partir da data do festivo ou día libre traballado, as datas en que desfrutará dos días de descanso correspondentes. No caso de non haber acordo, o día ou días de descanso acumularanse automáticamente ó período de vacacións.

30.5.1. Os valores da compensación económica (CE) para o ano 1995 reflíctense na seguinte táboa. Para o ano 1996 e 1997 terán a mesma porcentaxe de incremento que o aplicable ó artigo 44º.

CE Valor-hora

Nivel 117.0592.437

Nivel 216.4782.354

Nivel 316.0232.289

Nivel 415.5822.226

Nivel 515.1482.164

Nivel 614.7142.102

Nivel 714.0072.001

Nivel 813.6921.956

Nivel 913.3771.911

30.5.2. No caso de traballar en festivo, a compensación será por un mínimo de sete (7) horas.

30.5.3. No caso de traballar en día libre, a compensación será por un mínimo de catro (4) horas ou fracción superior.

30.6. Ademais das compensacións establecidas, o empregado ou empregada que traballe tres fins de semana nun mes terá unha compensación adicional de medio día de descanso por cada día traballado en fin de semana.

Artigo 31º.-Variación sobre días de descanso planificados para traballadores e traballadoras con flexibilidade ou dispoñibilidade.

31.1. Cando un traballador ou traballadora ten tres ou máis días consecutivos de descanso planificados e por necesidades do servicio ten que traballar un día que rache esta secuencia de descanso (un dos días intermedios terá que traballar), será compensado cun día de descanso adicional ó que xa lle correspondería. Estes dous días de descanso faranse consecutivamente cou outro ou outros días de descanso no período das catro semanas seguintes á de se produci-lo feito.

31.2. Cando un traballador ou traballadora ten dous ou máis días consecutivos de descanso planificado e por necesidades do servicio ten que traballar un

día ó inicio ou ó peche do período de descanso, o día de descanso traballado non se compensará con horas extraordinarias, senón con un (1) día de descanso que se lle engadirá a outro ou a outros que lle correspondan nas catro semanas seguintes.

Artigo 32º.-Vacacións.

32.1. Tódolos empregados e empregadas terán dereito a unhas vacacións anuais de 23 días laborais, divididas nun máximo de tres fraccións. Os traballadores e traballadoras terán dereito a collelas no período que vai desde o primeiro de xuño ata o trinta de setembro e a facelas de maneira continuada, agás pacto contrario.

32.2. Os empregados e empregadas que ingresen ou sexan baixa no ano actual que corresponda terán un período de vacacións proporcional ós meses por traballar ou traballados.

32.3. A empresa preparará o calendario laboral de cada ano, establecerá as diferentes quendas, seguidas ou partidas, en que se poderán face-las vacacións, e, durante o primeiro trimestre do ano, tódolos empregados e empregadas poderán solicita-la quenda que prefiran. A proposición terana que facer conxuntamente tódolos empregados e empregadas de cada departamento ou sección de xeito que asegure a continuidade do servicio.

32.4. A dirección estudiará as propostas, aprobaraas ou ben modificaraas de acordo cos afectados e co comité de empresa; comunicarállelas ós interesados e interesadas e publicará as listas definitivas antes do día 15 de abril de cada ano. De os empregados e empregadas dunha sección ou departamento non faceren a proposta, a dirección fixará directamente a distribución das vacacións entre os compoñentes desta sección ou departamento.

Artigo 33º.-Calendario.

33.1. A empresa confeccionará o calendario de acordo co previsto no artigo 34 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo VIII

Licencias retribuídas. Licencias non retribuídas. Excedencias

Artigo 34º.-Licencias retribuídas.

34.1. O traballador ou traballadora, con aviso e xustificación previos, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

34.1.1. Quince días naturais en caso de matrimonio.

34.1.2. Cinco días, que se poderán ampliar a tres máis, cando o traballador necesite realizar un desprazamento por causa de dar á luz a súa muller; por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillo ou filla, pai ou nai, netos ou netas, avós ou avoas, irmáns ou irmás de calquera dos cónxuxes.

34.1.3. Un día por traslado do domicilio habitual.

34.1.4. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e

persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, cumprirá aterse ó que esta dispoña canto á duración da ausencia e á súa compensación económica. Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, poderá acorda-la empresa co traballador ou traballadora a situación de excedencia regulada na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores. No suposto de que o traballador ou traballadora, por cumprimento do deber ou do cargo, perciba unha indemnización, descontarase esa cantidade do salario ó que tivese dereito na empresa.

34.1.5. Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

34.1.6. A muller traballadora terá dereito ó período de descanso laboral por parto que dispoñan as normas legais vixentes en cada momento.

34.1.7. Por motivos particulares, ata cinco días naturais ó ano sempre que as necesidades de servicio o permitan. En ningun caso a empresa poderá nega-la concesión destes días de forma sistemática.

34.1.8. Polo tempo establecido para gozar dos dereitos educativos xerais e de formación profesional nos supostos e na forma regulados pola lei.

34.1.9. Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico que non desempeñe outra actividade retributiva terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre un mínimo dun tercio e un máximo da metade da duración daquela.

34.1.10. Polo tempo necesario para poder someterse baixo control médico a métodos de fecundación asistida.

34.1.11. En situacións extraordinarias non previstas nos parágrafos precedentes deste artigo, o comité de empresa ou a dirección poderán presenta-lo caso ante a comisión paritaria de vixilancia, que poderá conceder licencias especiais retribuídas.

Artigo 35º.-Licencias non retribuídas.

35.1. Os traballadores e traballadoras poderán solicitar permiso non retribuído unha soa vez ó ano para atender circunstancias persoais. As licencias irán dun día a seis meses. Se a causa da licencia fose unha acción formativa para a que non abondasen seis meses, concederase o tempo necesario, debidamente xustificado, por un período máximo dun ano escolar.

35.2. O traballador ou traballadora solicitará licencia con polo menos 15 días de antelación á data do inicio do desfrute da licencia. A empresa contestará 5 días antes de que remate este prazo, e, de non o facer, entenderase concedido o permiso. No caso de que denegue a licencia aducindo necesidades de servicio, estas serán debidamente xustificadas perante a comisión paritaria.

Artigo 36º.-Excedencias.

36.1. Recoñécense dúas clases de excedencias para o persoal fixo: voluntaria e especial. Ningunha delas dará dereito a retribución mentres o excedente no se reincorpore ó servicio activo.

36.2. Excedencias voluntarias.

36.2.1. Poderán solicitar excedencia voluntaria os traballadores ou traballadoras cunha antigüidade de polo menos un ano como fixos, de acordo coas normas que a seguir se especifican.

36.2.2. O pedimento de excedencia deberá ser suficientemente motivado. Concederase nun prazo máximo de 30 días, por un prazo non inferior a un ano nin superior a dez, excepcionalmente prorrogable. Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador ou traballadora deberá cumprir un novo período de tres anos de servicio activo.

36.2.3. Transcorrido o primeiro ano de excedencia, o interesado ou interesada poderá solicita-lo seu reingreso. Terase en conta a existencia de vacantes na súa categoría e o dereito preferente de reingreso dos excedentes especiais ou voluntarios cando os prazos da excedencia expirasen.

36.2.4. As empresas reservarán as vacantes correspondentes a excedentes que exercesen o seu dereito de reingreso con anterioridade á publicación do cadro de vacantes.

36.2.5. Perderase o dereito de reingreso se non se solicita un mes antes de expira-lo prazo polo que se concedeu a excedencia. Se, solicitado o reingreso dentro do prazo, non houbese vacante no centro de orixe, o excedente conservará o dereito ata que esta se produza. De non ocupala pola súa vontade, decaerá definitivamente o seu dereito.

36.2.6. Non se lle concederá excedencia voluntaria a quen no momento de solicitala estivese pendente de cumprimento dunha sanción derivada da comisión de falta grave ou moi grave, ou sometido a expediente disciplinario por suposta infracción da mesma índole, en tanto esta non se resolva.

36.2.7. O traballador ou traballadora que estea en situación de excedencia gozará de preferencia para o seu ingreso cando o solicite por causa de falecemento ou declaración de invalidez permanente absoluta do seu cónxuxe.

36.2.8. O tempo permanecido en situación de excedencia voluntaria non se computará para ningún efecto.

36.2.9. Un mes antes de finaliza-la excedencia, ou en calquera momento desde que pasado o primeiro ano, o interesado ou interesada poderá solicita-lo seu reingreso, que lle terá que concede-la empresa se existe unha vacante da súa categoría na localidade onde prestaba o seu servicio.

36.2.10. Se non houbese vacante na súa localidade de orixe, o traballador ou traballadora poderá continuar en expectativa de reingreso para ocupa-la pri

meira praza vacante da súa categoría nunha localidade diferente.

36.2.11. Se reingresa nunha localidade diferente, o traballador ou traballadora conservará a expectativa de reingreso na primeira vacante que xurda na súa localidade de orixe.

36.2.12. Se hai varias persoas en expectativa de reingreso, terá preferencia quen o solicitase primeiro, quitado o caso de que se solicitase por falecemento ou invalidez permanente do seu cónxuxe.

36.2.13. Os traballadores e traballadoras en situación de excedencia non poderán ser contratados en ningún posto de traballo da CRTVG e as súas sociedades á marxe das retribucións económicas establecidas neste convenio para cada categoría.

36.3. Excedencia especial.

36.3.1. Dá lugar á excedencia especial calquera das causas que se especifican nos parágrafos seguintes:

36.3.2. O nomeamento e a consecuente toma de posesión de cargo público, sexa ou non electivo, de carácter permanente, que non implique relación de emprego laboral ou administrativo, cando resulte incompatible co traballo desempeñado.

36.3.3. O coidado dun fillo ou filla cando se solicite excedencia por este motivo. Será incompatible coa realización de calquera outro traballo durante ese tempo.

36.3.4. O servicio militar ou civil substitutorio en calquera das súas formas de prestación.

36.3.5. A excedencia especial orixina a reserva da praza ocupada polo traballador ou traballadora.

36.3.6. O tempo permanecido en situación de excedencia especial computarase para os efectos da antigüidade.

36.3.7. O excedente como consecuencia dun nomeamento para cargo público deberase reincorporar á súa praza na empresa dentro dos dous primeiro meses seguintes á data na que cesou no seu cargo. De non facelo así, causará baixa definitiva, agás que dentro do mesmo prazo solicite excedencia voluntaria.

36.3.8. Nos demais supostos, o excedente deberá incorporarse dentro dos prazos que os seguintes puntos determinan:

36.4. Excedencia por enfermidade.

36.4.1. O enfermo ou enferma pasará á excedencia especial cando esgote o prazo máximo de permanencia en incapacidade laboral transitoria.

36.4.2. A duración desta excedencia será a establecida para a invalidez provisional pola lexislación da Seguridade Social.

36.4.3. O excedente deberá solicita-lo reingreso ó servicio activo dentro dos tres días seguintes ó da alta por enfermidade. De non o facer así causará baixa definitiva, salvo que no mesmo prazo solicite excedencia voluntaria.

36.5. Excedencia por coidado dun fillo ou filla menor de tres anos.

36.5.1. O nacemento dun fillo ou filla dálle dereito ó traballador ou traballadora a solicitar unha excedencia por un período máximo de tres anos, para contar desde a data da fin da licencia de maternidade.

36.5.2. Os sucesivos nacementos darán dereito a novos períodos de excedencia, que, en cada caso, poñerán fin a aquela da que viña gozando.

36.5.3. Equipárase o anterior suposto ó da adopción legal e custodia previa dun menor de tres anos.

36.5.4. Este tipo de excedencia finalizará cando o menor que xerou a solicitude cumpra os tres anos.

36.5.5. Unha vez terminado o prazo de excedencia por nacemento sen que se produza a incorporación do traballador ou traballadora, este causará baixa definitiva agás que no prazo dun mes inmediato solicitase e obtivese excedencia voluntaria.

36.6. Excedencia por servicio militar ou civil substitutorio.

36.6.1. O persoal terá dereito a que se lle reserve o seu posto de traballo o tempo que dure o servicio militar ou civil. O empregado deberá poñerse ó dispor da empresa antes de transcorreren dous meses, que se contarán desde a data do seu licenciamento, xa que de non ser así entenderase extinguida a relación xurídico-laboral.

36.6.2. O tempo de prestación do servicio miliar ou civil substitutorio, obrigatorio ou voluntario, polo tempo da súa duración, que se preste para anticipa-lo cumprimento dos devanditos deberes, computarase para os efectos de antigüidade e aumentos económicos por anos de servicio coma se o traballador estivese en servicio activo.

36.6.3. Se as obrigas militares ou civís substitutorias lle permiten acudir diariamente, durante media xornada polo menos, ó seu posto de traballo, o traballador percibirá o cen por cento do seu salario base.

36.6.4. Así mesmo, gozará de vacacións retribuídas en proporción ó tempo que estivese prestando servicios.

36.6.5. O persoal fixo, durante o tempo de prestación de servicio militar ou civil substitutorio, percibirá as pagas extraordinarias e mailo cincuenta por cento do seu salario base correspondente. O traballador será, en todo caso, quen decida a percepción ou non destas cantidades.

Capítulo IX

Mobilidade funcional e xeográfica

Artigo 37º.-Mobilidade funcional e xeográfica.

37.1. A mobilidade funcional será ascendente, e durará o tempo que dure o feito causal, cunha duración máxima de 9 meses consecutivos, sin que este feito supoña a consolidación salarial ou profesional.

O mobilidade ascendente será de carácter rotatorio entre os traballadores ou traballadoras do mesmo grupo profesional.

37.2. Mobilidade xeográfica.

No non regulado neste convenio colectivo estarase o disposto no artigo 40 do E.T.

Artigo 38º.-Harmonización do persoal con capacidade diminuída.

38.1. Os traballadores e traballadoras fixos que sexan declarados diminuídos físicos ou psíquicos pola autoridade competente, e que como consecuencia disto non poidan presta-los seus servicios no seu posto de traballo habitual, serán destinados a outro posto de traballo axustado ás súas posibilidades e conservarán o dereito á retribución correspondente á súa categoría profesional de orixe durante o período dun ano, agás que a devandita incapacidade sexa derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional. Neste suposto, a retribución da categoría de orixe manterase con carácter indefinido.

Artigo 39º.-Traslados.

39.1. Crearase un Rexistro Oficial de Traslados, ó que se remitirán os traballadores e traballadoras en tódalas solicitudes. Xestionarao a comisión paritaria.

Artigo 40º.- Rexistro Oficial de Traslados.

40.1. O persoal fixo que desexe exerce-lo dereito a traslados farao na forma e no procedemento que se establece.

40.2. Requisitos para a inscrición.

40.2.1. O persoal que queira exerce-lo seu dereito ó traslado deberase inscribir no Rexistro Oficial de Traslados e cumpri-los requisitos que se especifican nos seguintes parágrafos.

40.2.2. Ser persoal fixo da CRTVG ou das súas sociedades.

40.2.3. Cubrir totalmente o modelo oficial de solicitude, que se deberá presentar na Dirección de Recursos Humanos.

40.2.4. Achegar á solicitude tódolos documentos acreditativos dos datos alegados nela.

40.3. Vixencia da inscrición.

40.3.1. As solicitudes rexistradas terán unha vixencia indefinida, para contar desde o día primeiro do mes seguinte a cando sexan enviadas. Antes de cumprirse o dito prazo, o persoal que así o desexe deberá renova-la súa solicitude por escrito dirixíndose á Dirección de Recursos Humanos.

40.3.2. Así mesmo, o traballador ou traballadora deberá anula-la súa solicitude mediante comunicación escrita no suposto de non seguir interesado nela.

40.4. Comisión de traslados.

40.4.1. Para resolve-las solicitudes de traslados, créase unha comisión paritaria para cada sociedade, integrada por tres membros da parte social e outros tres da parte empresarial. Cada comisión terá en conta tódalas solicitudes de traslado rexistradas do persoal da CRTVG ás súas sociedades.

40.4.2. Os acordos da comisión tomaranse por maioría simple.

40.4.3. A comisión rexerase por un regulamento elaborado en colaboración coa Dirección de Recursos Humanos e formalmente aprobado por estas.

40.5. Competencias da comisión.

40.5.1. Con carácter previo a cada convocatoria, a Dirección de Recursos Humanos comunicaralle á comisión paritaria de traslados os postos vacantes que se van cubrir. A comisión propoñeralle, se é o caso, á Dirección de Recursos Humanos, entre tódalas solicitudes inscritas no Rexistro Oficial de Traslados, a persoa adecuada para cada posto.

40.5.2. A comisión poderá denega-lo traslado se ningunha das solicitudes reúne os requisitos esixidos para o posto.

40.5.3. Como consecuencia da información contida no rexistro, a comisión poderá, en calquera momento, propoñer traslados de persoal mediante trocos entre traballadores e traballadoras inscritos nel.

40.6. Criterios de adxudicación.

40.6.1. A comisión paritaria de traslados propoñeralle á Dirección de Recursos Humanos a adxudicación das prazas, con atención ós seguintes criterios e circunstancias.

40.6.2. Idoneidade para o posto de traballo, entendéndose esta como o conxunto de coñecementos profesionais, características físicas e psicolóxicas que determinen no traballador ou traballadora a súa aptitude para o desempeño dese posto. En casos excepcionais, a comisión poderá requiri-los solicitantes para a realización de entrevistas ou probas específicas.

40.6.3. Circunstancias familiares e persoais dos candidatos.

40.6.4. Antigüidade na categoría, no destino e na data de solicitude do traslado.

40.7. A Dirección de Recursos Humanos fará pública a adxudicación definitiva das prazas nos taboleiros de anuncios dos centros da CRTVG.

40.8. No prazo de 10 días a partir da publicación da adxudicación das prazas, calquera solicitante, por medio dos representantes dos traballadores e traballadoras na comisión paritaria, poderá recadar información sobre os criterios seguidos por esta se é o caso.

Artigo 41º.-Cambio de centro de traballo ma mesma poboación.

41.1. Cando o cambio de lugar do centro de traballo sexa na mesma poboación e a CRTVG e as súas sociedades non habiliten un medio de transporte axustado ós horarios ata o novo centro de traballo, a empresa pagaralles unha compensación mensual ós traballadores e traballadoras en razón da diferencia de quilómetros que haxa ata o novo centro de traballo, sempre que non exista a posibilidade de transporte colectivo.

Capítulo X

Retribucións.

Artigo 42º.-Retribucións.

42.1. As retribucións do persoal acollido ó presente convenio están constituídas polo salario base e os complementos salariais que se establecen na convención.

Artigo 43º.-Salario base.

43.1. É a retribución mensual asignada a cada traballador ou traballadora pola realización da súa xornada de traballo ordinaria e en función do seu nivel.

Artigo 44º.-Niveis económicos.

44.1. Existen nove niveis económicos de salario base, desde o 9, que é o inferior, ó 1, que é o superior. Nos nove niveis intégranse as distintas categorías profesionais enumeradas no apéndice número un (1).

44.2. Remuneración dos niveis económicos do salario base no ano 95:

Nivel 1: 232.116

Nivel 2: 215.783

Nivel 3: 206.948

Nivel 4: 198.113

Nivel 5: 189.631

Nivel 6: 181.147

Nivel 7: 166.008

Nivel 8: 150.722

Nivel 9: 138.314

44.3. Incremento anual.

Para o ano 1996 e 1997 o incremento será aplicado automaticamente segundo o marcado pola Xunta de Galicia para os funcionarios o servicio da Comunidade Autónoma a partir do 1 de xaneiro de cada ano.

A partir do 1 de xaneiro de 1998 non terá vigor o estipulado en canto a incrementos retributivos automáticos.

Artigo 45º.-Complementos.

45.1. Son as retribucións do traballador ou traballadora que se lle engaden ó soldo base cando concorren os requisitos e as circunstancias que dan dereito á súa percepción.

45.2. Clases:

-Persoais.

-De posto de traballo.

-De vencemento periódico superior ó mes.

-Non salariais.

Artigo 46º.-Complementos salariais persoais.

46.1. Retribúen aquelas condicións persoais do traballador ou da traballadora que non fosen avaliadas ó fixa-lo salario base da súa categoría.

Artigo 47º.-Complemento persoal de antigüidade.

47.1. Este complemento persoal retribúe a vinculación e a dedicación do traballador ou da traballadora á empresa, evidenciada polo tempo de servicio.

47.2. Este complemento será consolidable e consistirá para todo o persoal fixo en cinco bienios e posteriormente en quinquenios correspondentes a cada traballador ou traballadora. Aboarase a porcentaxe do 5% por cada bienio e do 8% por cada quinquenio, calculado sobre o salario base correspondente a categoría laboral que o traballador ou traballadora tivese no momento do seu cumprimento.

47.3. O número de bienios e quinquenios que se aplicarán a cada traballador ou traballadora computarase en razón dos anos de servicio prestados, calquera que fose a súa categoría laboral.

47.4. Para determina-la antigüidade de cada traballador ou traballadora, computarase o tempo de vinculación coa empresa desde o momento da súa incorporación. Se estivese vinculado á empresa mediante contrato de duración determinada, computaráselle como tempo de permanencia o da contratación temporal anterior, sempre que a incorporación ó cadro do persoal fixo se producise sen solución de continuidade e desde a última contratación ininterrompida.

47.5. Os bienios e os quinquenios comezarán a aplicarse a partir do día un do mes seguinte a aquel no que se cumpran.

47.6. Percibiranse en tódalas mensualidades e nas pagas extraordinarias de xuño e decembro.

Artigo 48º.-Complementos de posto de traballo.

48.1. Retribúen unha maior ou distinta contribución polas características do posto de traballo. Estes complementos, de carácter funcional, dependen do desenvolvemento efectivo do posto de traballo e non serán consolidables.

Artigo 49º.-Clases de complementos.

49.1. Existen os seguintes complementos de posto de traballo:

-Complemento de responsabilidade.

-Complemento de flexibilidade.

-Complemento de dispoñibilidade.

-Complemento de conducción.

-Complemento de nocturnidade.

-Complemento de instalacións especiais.

-Complemento de creba de moeda.

-Complemento de pantalla.

Artigo 50º.-Complemento de responsabilidade.

50.1. Corresponderalle ó persoal que, polo posto de traballo que ocupe, voluntariamente realice funcións de coordinación ou mando, ou se lle esixa unha responsabilidade de cualificada complexidade que, sen corresponder ó mando orgánico, exceda do normal esixible á súa categoría profesional.

50.2. Fixarase nunha porcentaxe do salario base do nivel correspondente, que será variable segundo a responsabilidade esixida e que se axustará a porcentaxes do 15%, 20%, 30%, 40%, 50%, 60% ou do 70%.

50.3. Este complemento percibirase en 12 pagas.

Artigo 51º. Complemento de flexibilidade.

51.1. Aplicaráselle ó persoal que, polas características do seu posto de traballo, voluntariamente estea disposto a modificacións constantes da súa xornada e do seu horario de luns a venres. Este complemento poderase computar semanal ou mensualmente.

51.1.1. Cómputo semanal: percibirao o traballador ou traballadora que estea suxeito ás condicións do artigo 51º.1 durante unha semana. O complemento será do 6,25% do seu salario base mensual por cada semana sometida a flexibilidade.

O número de horas traballadas durante a semana, de luns a venres, non poderá exceder de 45, que deberán ser compensadas nas seguintes catro semanas.

51.1.2. Cómputo mensual: percibirao o traballador ou traballadora que estea suxeito ás condicións do artigo 51º.1 durante catro semanas continuadas. O complemento será do 25% do seu salario base mensual.

O número de horas traballadas durante este período non poderá exceder de 180, que deberán ser compensadas nos seguintes tres meses. Este complemento percibirase en 11 pagas.

51.1.3. As compensacións faranse de acordo co artigo 26º.3.

Artigo 52º.-Complemento de dispoñibilidade.

52.1. Aplicaráselle ó persoal que, polas características do seu posto de traballo, voluntariamente estea disposto a modificacións constantes da súa xornada e do seu horario de luns a domingo. Este complemento poderase computar semanal ou mensualmente.

52.1.1. Cómputo semanal: percibirao o traballador ou traballadora que estea suxeito ás condicións do artigo 52º.1 durante unha semana. O complemento será do 7,5% do seu salario base mensual por cada semana sometida a dispoñibilidade.

O número de horas traballadas durante a semana, de luns a venres, non poderá exceder de 45, que deberán ser compensadas nas seguintes tres ou catro semanas.

52.1.2. Cómputo mensual: percibirao o traballador ou traballadora que estea suxeito ás condicións do artigo 52º.1 durante catro semanas continuadas. O complemento será do 30% do seu salario base mensual.

O número de horas traballadas durante este período non poderá exceder de 180, que deberán ser compensadas nos seguintes tres meses. Este complemento percibirase en 11 pagas.

52.1.3. As compensacións faranse de acordo co artigo 26º.3.

Artigo 53º.-Complemento de conducción.

53.1. Será percibido por tódolos traballadores e traballadoras que, non tendo asignada entre as súas obrigas contractuais a da conducción de vehículos, volun

tariamente conduzan habitualmente vehículos da empresa dotados de equipos e medios técnicos imprescindibles para a realización do seu traballo.

53.2. Este complemento salarial será do 25% do salario base do nivel 9 e percibirase en 11 pagas.

Artigo 54º.-Complemento de nocturnidade.

54.1. Considérase período nocturno o comprendido entre as 22 h e as 7 h.

54.2. O complemento de nocturnidade será dun 25% do salario base sobre as horas realizadas no mencionado período, cando estas se realicen de xeito ocasional.

54.3. O persoal que realice durante un mes completo un horario que comprenda en todo ou en parte horas nocturnas percibirá un complemento do 35% do seu salario base por cada hora realizada no dito período.

54.4. Cando o traballador ou traballadora realice durante máis dun mes unha xornada que comprenda máis do 50% das horas en período nocturno, percibirá o complemento do 35% pola totalidade da xornada.

Artigo 55º.-Complemento de instalacións especiais.

55.1. O traballador ou traballadora que presta servicios en instalacións cualificadas de especiais terá dereito á percepción dunha cantidade calculada sobre o seu salario base. Este complemento percibirase en 11 pagas.

55.2. A contía da porcentaxe de aplicación estará en función do grao de illamento das instalacións, do seu clima e da perigosidade do acceso a estas.

55.3. O persoal asignado a enlaces móbiles e o que sen estar destinado a estas tarefas con carácter fixo preste os seus servicios de mantemento nas mencionadas instalacións percibirá unha retribución correspondente ó grupo 2.

55.4. Considéranse instalacións especiais as seguintes:

-Grupo 1: Meda / O Xistral.

-Grupo 2: O Páramo / A Bailadora / Domaio.

-Grupo 3: O Pedroso.

55.5. A contía do complemento aboarase segundo a seguinte escala:

-Grupo 1: 20% do salario base.

-Grupo 2: 15% do salario base.

-Grupo 3: 10% do salario base.

Artigo 56.-Complemento de creba de moeda.

56.1. Retribúe o persoal que pola súa función manexe habitualmente fondos en metálico da CRTVG, TVG ou RTG, ou deba efectuar cobramentos e pagamentos. A este persoal aboaráselle a cantidade de dúas mil pesetas mensuais.

Artigo 57º.-Complemento de pantalla.

57.1. Retribúe a prestación de imaxe á televisión de Galicia, S.A. Deste complemento quedan excluídos

os locutores de TV, os locutores-presentadores e todas aquelas categorías que na súa definición leven aparellada a aparición en pantalla.

57.2. A contía deste complemento será do 20% para os casos en que a aparición en pantalla sexa habitual nun programa diario.

57.3. No caso de que as aparicións en pantalla do traballador ou traballadora se produzan cunha periodicidade de unha vez á semana, a contía do complemento será do 5%.

57.4. Non darán dereito á percepción deste complemento as aparicións esporádicas ou ocasionais.

57.5. En todo caso, este complemento será voluntario e percibirase en 11 pagas.

Artigo 58º.-Asignación de complementos.

58.1. A asignación de complementos faraa a dirección, de acordo co previsto no presente convenio. A dirección informará simultaneamente ós representantes legais dos traballadores e traballadoras e daralles unha información mensual da asignación dos complementos.

58.2. As posibles reclamacións someteranse ó comité de empresa, e, se é o caso, á comisión paritaria do convenio.

Artigo 59º.-Complementos de vencemento periódico superior ó mes.

59.1. Son as pagas extraordinarias.

59.2. Tódolos traballadores e traballadoras fixos, interinos, eventuais ou temporais suxeitos a este convenio teñen dereito a percibir dúas pagas extraordinarias nas nóminas dos meses de xuño e novembro, cada unha delas na contía equivalente ó salario base mailo complemento de antigüidade.

59.3. Amais destas dúas, tódolos traballadores e traballadoras percibirán unha terceira paga extraordinaria, de vencemento anual, na nómina do mes de decembro, cunha contía do 9% do salario base de catorce pagas.

59.4. O persoal que non traballase un ano completo recibirá as pagas extraordinarias proporcionalmente ó tempo traballado.

Artigo 60º.-Complementos non salariais.

60.1. Complemento de distancia.

Todo o persoal percibirá un complemento de distancia de 4.000 pts no ano 1995, de 4500 no ano 1996, e de 5000 no ano 1997 por mes que terá carácter consolidable.

60.2. Non se percibirá en ninguha paga extra nin no mes de vacacións. Este complemento non é incompatible co artigo 41 do convenio colectivo.

Artigo 61º.-Horas extraordinarias.

61.1. En tódolos casos, os membros dos comités de empresa serán informados das horas extras realizadas por todos e cada un dos traballadores e traballadoras e tamén das circunstancias en que foron

realizadas. A información sobre horas extras daráselles ós representantes dos traballadores e traballadoras nos dez días inmediatamente posteriores ó remate de cada mes.

61.2. Cadro do valor das horas. Achégase como apéndice número dous (2).

Para o ano 1996 e 1997 incrementaranse na mesma porcentaxe fixada para a táboa salarial.

Artigo 62º.-Quilometraxe e desprazamento.

62.1. A empresa facilitará os medios de transporte adecuados ou, no seu defecto, a xestión necesaria para os desprazamentos desde o centro de traballo ata o lugar no que as necesidades do servicio requiran a presencia do traballador ou traballadora.

62.2. O traballador ou traballadora que con coñecemento e autorización da empresa utilice o propio vehículo nos despazamentos por razóns de traballo percibirá unha compensación económica de 30 ptas/km.

62.3. A empresa aboará, desde que xustificado, o importe da peaxe de autoestrada.

62.4. Tódolos gastos derivados do desprazamento e do propio vehículo correrán por conta do traballador ou traballadora propietario deste.

62.5. O traballador ou traballadora que utilice o seu vehículo para un desprazamento por necesidades da empresa terá dereito a que se lle aboe un anticipo sobre a viaxe estimada, sen prexuízo da posterior liquidación.

62.6. A revisión da compensación económica referida no artigo 62º.2 aplicarase segundo a seguinte fórmula: aplicarase a porcentaxe de suba ou baixa ó 25% do valor do quilómetro, ó 75% restante aplicaráselle o IPC anual.

Artigo 63º.-Axudas de custo.

63.1.Enténdese por axuda de custo a cantidade que se lle aboa ó traballador ou traballadora como indemnización polos gastos de nanutención que debe afrontar con motivo dun desprazamento por razóns de traballo a un termo municipal diferente do seu centro de traballo habitual.

63.2. Importe das axudas de custo en pesetas:

1996/1997

Situaciónxantar e cea

Galicia2.500 ptas

España, Portugal e Andorra3.400 ptas

Outros países grupo A6.100 ptas

Outros países grupo B4.500 ptas

63.3. O traballador ou traballadora terá dereito á axuda de custo por xantar ou cea cando se atope nos seguintes supostos:

63.3.1. O traballador ou traballadora atópase desprazado: neste suposto, terá dereito á indemnización correspondente cando non poida regresar ó centro de traballo antes das 15 horas (xantar) ou das 22.30 horas (cea).

63.3.2. O traballador ou traballadora ten que se desprazar: neste suposto, terá dereito á indemnización correspondente sempre que as horas de saída e de chegada ó centro de traballo sexan como a seguir se sinala e a situación non estea prevista no artigo 63º.3.1.

Xantar: saída antes das 14 horas, sen regresar antes das 15 h do mesmo día.

Cea: saída antes das 22 horas, sen regresar antes das 22.30 h do mesmo día.

63.3.3. Para a avaliación dos puntos 63.3.1. e 63.3.2. terase en conta a equivalencia seguinte:

-30 km equivalen a un tempo de viaxe de 30 minutos.

63.3.4. Cando o traballador ou traballadora tivese unha saída dentro do termo municipal do centro de traballo, que lle impida xantar ou cear no devandito centro pese a ter dereito pola xornada realizada, aboaráselle o xantar ou a cea, logo da xustificación da factura necesaria e co límite máximo do importe da axuda de custo para Galicia.

Artigo 64º.-Aloxamento.

64.1. No caso de que por motivos de despazamento o traballador ou traballadora tivese que pasa-la noite fóra do seu domicilio, os gastos de aloxamento e almorzo correrán por conta da empresa, que xestionará a reserva correspondente en hotel de 3 estrelas ou equivalente, en cuarto individual ou dobre de uso individual. Se non existise posibilidade de aloxamento en hotel de 3 estrelas, o traballador ou traballadora aloxarase en hotel de categoría superior.

64.2. O traballador ou traballadora desprazado terá dereito ó aloxamento por conta da empresa, a teor do establecido no apartado 64.1, sempre que finalice o seu traballo despois das 23.30 horas e o centro de traballo estea situado a unha distancia superior a 30 km do lugar do evento.

Artigo 65º.-Indemnización por pasa-la noite.

65.1. A indemnización por cada xornada que se pase a noite será de 1.650 ptas.

65.2. En caso de condicións precarias (barcos, tendas de campaña, etc.) a indemnización consistirá nunha compensación de 7.250 pesetas fixas.

Artigo 66º.-Comidas.

66.1. O persoal que comece a súa xornada laboral completa (quenda continuada) antes das trece (13) horas e a finalice despois das quince (15) horas e mailo que a comece antes das vinte (20) horas dispoñerá dun descanso de corenta e cinco (45) minutos para xantar ou cear, entendéndose comprendido neste tempo o descanso de vinte (20) minutos correspondentes para a xornada continuada, o resto non se computará como tempo efectivo de traballo.

66.2. A empresa pagará o xantar ou a cea no servicio de comedor da CRTVG sufragando a porcentaxe do 75%; e o traballador ou traballadora deberá aboar

directamente ó concesionario do servicio de comedor a cantidade restante.

Artigo 67º.-Adiantos.

67.1. Os traballadores e traballadoras poderán solicitar adiantos de ata o cen por cento do importe das súas retribucións mensuais acreditadas.

67.2. Os traballadores e traballadoras poderán solicitar adiantos da totalidade ou parte de calquera das tres pagas extraordinarias.

Artigo 68º.-Pagamento das retribucións.

68.1. O pagamento das retribucións económicas, excepto as de vencemento superior a un mes, efectuarase por mensualidades vencidas mediante ingreso en conta corrente ou libreta de aforros da cal sexa titular o propio traballador ou traballadora.

68.2. A dirección poderá variar, coa autorización administrativa previa e de acordo coa representación dos traballadores e traballadoras, os períodos de pagamento establecidos.

68.3. Os pagamentos faranse mediante unha nómina na que se detallarán os diferentes conceptos retributivos que se fagan efectivos ós traballadores e traballadoras, as deduccións e as prestacións de pagamento delegado da Seguridade Social.

68.4. O modelo da nómina será obrigatoriamente igual para tódolos traballadores e traballadoras incluídos no ámbito de aplicación deste convenio.

68.5. As retribucións fixadas neste convenio son brutas, e a empresa fará as deduccións por importes e cotas á Seguridade Social que establece a lei.

Capítulo XI

Acción social.

Artigo 69º.-Prestación complementaria por IT.

69.1. A empresa complementará as prestacións da Seguridade Social por enfermidade ou accidente ata o 100% da retribución do traballador ou traballadora, incluída a antigüidade e mailas pagas extraordinarias e os complementos correspondentes segundo o salario medio dos tres meses naturais inmediatamente anteriores á data na que se produza a baixa por IT.

Artigo 70º.-Seguro complementario.

70.1. Todo o persoal laboral estará incluído na cubertura dunha póliza de seguro colectiva que abranguerá as seguintes continxencias cos seguintes valores:

-Falecemento: 3.000.000 de ptas.

-Falecemento por accidente: 5.000.000 de ptas.

-Falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 7.000.000 de ptas.

-Invalidez permanente total para a profesión habitual: 3.000.000 de ptas.

-Invalidez permanente absoluta para calquera traballo: 5.000.000 de ptas.

-Invalidez permanente absoluta para o traballo por accidente laboral: 7.000.000 de ptas.

70.2. Este artigo entrará en vigor a partir da sinatura do seguro, que non deberá exceder do prazo de dous meses desde a sinatura do presente convenio.

Artigo 71º.-Comedor.

71.1. Crearase unha comisión paritaria para proceder á contratación do servicio de bar-comedor. A vixilancia deste servicio, unha vez contratado, quedará ó cargo dunha comisión especial de comedor.

Capítulo XII

Formación profesional.

Artigo 72º.-Obxectivos.

72.1 Constitúe un obxectivo básico da CRTVG, da TVG e da RTG promover e perfecciona-la formación profesional do seu persoal. Segundo isto, a formación profesional orientarase a cubri-los obxectivos sinalados nos parágrafos seguintes.

72.1.1. A actualización e posta ó día dos coñecementos profesionais e técnicos esixibles en cada categoría profesional e posto de traballo.

72.1.2. A especialización, nos seus diversos graos, nas materias relativas ó propio traballo.

72.1.3. A reconversión e adaptación profesional do persoal, como consecuencia das modificacións que se produzan no posto de traballo que ocupa.

72.1.4. A ampliación dos coñecementos dos traballadores e traballadoras, que lles permita acceder á promoción profesional.

72.1.5. O perfeccionamento do dominio oral e escrito do idioma galego.

72.1.6. O coñecemento e perfeccionamento de idiomas estranxeiros en xeral, especialmente naqueles postos nos que o seu uso xeral sexa habitual.

72.1.7. A seguridade e a hixiene no traballo.

72.1.8. Facilita-lo acceso a unha maior formación do persoal incluído nas inferiores categorías profesionais, mediante celebración de cursos para ese efecto, de xeito que nun futuro poidan ocupar outro posto de traballo de superior nivel na empresa.

Artigo 73º.-Comisión de formación.

73.1. Créase unha comisión coordinadora de programación da formación, de carácter consultivo e de composición paritaria, para as tres empresas, que se reunirá no primeiro trimestre de cada ano a fin de propoñerlle á empresa un programa xeral de formación en función das necesidades concretas e para propoñer unha distribución dos orzamentos de formación en relación ó programa xeral establecido.

73.2. Constituirase unha comisión paritaria de formación por cada empresa.

Artigo 74º.-Funcións da comisión.

74.1. A distribución dos fondos de formación para as tres empresas farase na comisión paritaria de vixilancia do convenio.

74.2. Serán funcións da comisión de formación de cada empresa, entre outras, as seguintes:

74.2.1. Elaborar anualmente un programa de formación.

74.2.2. Difundir e promove-la asistencia ós cursos de formación organizados por institucións alleas á CRTVG e as súas sociedades.

74.2.3. Elaborar programas específicos de formación.

74.2.4. Elaborar recomendacións xerais e puntuais para os traballadores e traballadoras e mais para a dirección en materia de formación.

74.2.5. Recibir información detallada e realiza-lo seguimento de cada un dos programas de formación.

74.2.6. Redacta-lo informe descritivo e analítico da formación levada a cabo anualmente.

Artigo 75º.-Desenvolvemento da formación.

75.1. A dirección publicará os programas de formación que se acorden e fixará o ámbito ó que van dirixidos e mailo persoal que poderá participar. A formación profesional efectuarase preferentemente cos propios medios.

75.2. A dirección constituirá un fondo bibliográfico e audiovisual sobre temas fundamentalmente relacionados coas actividades principais das empresas, que estará ó dispor de tódolos traballadores e traballadoras. A custodia e administración do devandito fondo estará a cargo do Servicio de Documentación.

75.3. A comisión de formación trazará un programa anual de planificación lingüística, que irá anovando segundo as distintas necesidades de cada traballador ou traballadora e de cada posto de traballo. Este programa irá dirixido ó perfecto dominio oral e escrito do idioma galego por parte dos traballadores e traballadoras da empresa. A comisión de formación avaliará as necesidades de aprendizaxe de cada posto de traballo e poñerá ó seu dispor os cursos e o material de traballo precisos.

Artigo 76º.-Selección de candidatos.

76.1. A comisión de formación seleccionará os asistentes ós cursos de formación que programe entre o persoal que o solicite nos prazos que se establezan dentro dos programas específicos.

Artigo 77º.-Custo da formación.

77.1. A dirección consignará anualmente, nas partidas orzamentarias, unha dotación económica para o desenvolvemento dos programas de formación que anualmente se programen.

Artigo 78º.-Asistencia ós cursos de formación.

78.1. A asistencia ós cursos de formación que se dispensen dentro da xornada de traballo terá carácter obrigatorio. Así e todo, poderase establecer que determinados cursos que se teñan que dar fóra da xornada de traballo teñan, así mesmo, carácter obrigatorio.

Artigo 79º.-Reciclaxe profesional.

79.1. Cando a dirección, pola iniciativa propia ou pola da representación dos traballadores e traballadoras, declare a necesidade de recualificación ou reciclaxe profesional orixinada por motivos tecnolóxicos, de organización ou de producción, en tódolos casos autorizada pola autoridade laboral, o persoal afectado terá a obriga de asistir ós cursos que no programa de recualificación se especifiquen.

Capítulo XIII

Réxime disciplinario.

Artigo 80º.-Normas xerais.

80.1. Non se poderá considerar sancionable a desobediencia no traballo pola negativa a executar ordes que vulneren aquilo que se establece no presente convenio, nin cando o cumprimento desas ordes constitúa unha infracción do ordenamento xurídico.

Artigo 81º.-Clasificación de faltas.

81.1. Consideraranse faltas as accións ou omisións que supoñan creba ou descoñecemento dos deberes de calquera índole impostos polas disposicións legais en vigor e en especial polo presente convenio.

81.2. As faltas cualificaranse de leves, graves e moi graves.

81.3.Faltas leves.

81.3.1. A falta de puntualidade inxustificada superior a cinco minutos e inferior a dez, na entrada ou saída do traballo, cando se produza seis veces durante un período de tres meses consecutivos.

81.3.2. Non atender ó público ou ós compañeiros e compañeiras de traballo coa corrección e dilixencia debidas.

81.3.3. As discusións cos compañeiros ou compañeiras nos lugares de traballo.

81.3.4. Non comunicarlle á Dirección de Recursos Humanos os cambios de residencia ou domicilio.

81.3.5. Pequenos descoidos na conservación do material, moblaxe ou pertenzas da empresa.

81.3.6. A non utilización do cartón identificativo dentro das instalacións da empresa.

81.3.7. Non notifica-la ausencia na primeira xornada ou non achegar a tempo oportuno a baixa correspondente cando se falta ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de efectualo.

81.4. Faltas graves.

81.4.1. Máis de seis faltas de puntualidade de máis de dez minutos e menos de trinta nun período dun mes, ou tres superiores a trinta minutos, sempre que previamente o traballador ou traballadora fose sancionado con falta leve por impuntualidade.

81.4.2. Faltar ó traballo sen a debida autorización ou causa xustificada.

81.4.3. Omiti-la comunicación á Dirección de Recursos Humanos das alteracións familiares con repercusión económica.

81.4.4. Incumprimento das funcións encomendadas ou das instruccións dispensadas polos superiores orgánicos ou funcionais en materias relacionadas coa obriga profesional.

81.4.5. Simula-la presencia doutro traballador ou traballadora fichando ou asinando por el á entrada ou á saída do traballo.

81.4.6. A neglixencia no traballo que afecte á súa boa marcha ou o retraso deliberado das actuacións que lle son propias.

81.4.7. A reiteración ou reincidencia de tres faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza, excluídas as de puntualidade, dentro dun período de tres meses.

81.4.8. Facer uso indebido de cargos ou denominacións da CRTVG e as súas sociedades, ou atribuírse aqueles que non se posúan.

81.4.9. As derivadas dos supostos previstos nos números anteriores que produzan alteración, prexuízos ou menoscabo do servicio; ou, se é o caso, accidentes ou deterioración das instalacións.

81.4.10. Enfrontamento físico no lugar do traballo.

81.4.11. Negativa a prestar servicios extraordinarios nos casos en que, polo seu carácter de imperiosa necesidade, así se requira.

81.5.Faltas moi graves.

81.5.1. Considérase falta moi grave máis de dez faltas de asistencia ó traballo nun período de seis meses.

81.5.2. Máis de catro faltas de puntualidade superiores a trinta minutos no período de un mes, sempre que o traballador ou traballadora fose sancionado previamente con falta grave pola mesma natureza.

81.5.3. Fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e mais no trato cos compañeiros e compañeiras de traballo ou con calquera outra persoa ó servicio da CRTVG ou as súas sociedades ou en relación de traballo con estas.

81.5.4. Facer desaparecer, inutilizar, estragar, ou causar deterioracións voluntaria ou neglixentemente en materiais, edificio, pertenzas, moblaxe e documentación da CRTVG, das súas sociedades e dos seus traballadores e traballadoras.

81.5.5. A condena do traballador ou traballadora por delictos dolosos, agás cando a sentencia sexa derivada da invocación dos dereitos de cláusula de conciencia e do segredo profesional, e maila comisión de actos que produzan resolución xudicial, aínda na vía do penal, que versen sobre actos que afecten á seguridade e ó normal funcionamento da CRTVG e as súas sociedades. Non terá a consideración de falta a non asistencia ó traballo por mera detención.

81.5.6. Embriaguez habitual ou toxicomanía que repercuta no desenvolvemento do traballo.

81.5.7. A alegación de motivos falsos para a obtención de licencias retribuídas ou a simulación de enfermidade ou accidente.

81.5.8. Realizar traballos particulares durante a xornada e empregar para uso propio útiles ou materiais da CRTVG ou as súas sociedades desatendendo as súas obrigas.

81.5.9. Reincidencia en falta grave.

81.5.10. Aceptar calquera remuneración, comisión ou vantaxe de organismos, empresas ou persoas en relación co desempeño do servicio.

81.5.11. O incumprimento grave das normas de seguridade e hixiene no traballo, causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia, ou non prestar a todo accidentado o auxilio que estea na súa man.

81.5.12. Será abuso de autoridade a comisión, por parte dun xefe ou xefa orgánico ou traballador ou traballadora de categoría superior ó afectado, dun acto arbitrario que implique infracción dun precepto legal. O traballador ou traballadora tamén poderá solicita-la iniciación do oportuno expediente nos supostos de abuso de autoridade do persoal directivo.

81.5.13. O furto e mailo roubo.

81.5.14. Obstaculiza-lo exercicio das liberdades públicas e os dereitos sindicais.

81.5.15. O acoso sexual.

81.6.Sancións.

81.6.1. Faltas leves.

81.6.1.1. Amoestación por escrito.

81.6.1.2. Suspensión de emprego e soldo dun a tres días.

81.6.2. Faltas graves.

81.6.2.1. Suspensión de emprego e soldo de 3 a 30 días.

81.6.3. Faltas moi graves.

81.6.3.1. Suspensión de emprego e soldo de 30 a 45 días.

81.6.3.2. Despedimento.

Artigo 82º.-Cumprimento das sancións.

82.1. A empresa non esixirá o cumprimento inmediato das sancións de suspensión de emprego e soldo impostas por faltas graves ou moi graves cando o empregado ou empregada sancionado acredite, dunha maneira clara, ter interposta unha demanda en contra. Neste caso, a sanción resultante farase efectiva despois da notificación da sentencia correspondente.

Artigo 83º.-Procedemento sancionador.

83.1. O exercicio das facultades disciplinarias da empresa axustarase ás disposicións do Estatuto dos traballadores. Corresponderalle á dirección a corrección disciplinaria das faltas laborais cometidas polos traballadores ou traballadoras integrados nos respectivos cadros do persoal. A dita facultade poderá ser obxecto de delegación.

83.2. Con carácter previo á imposición de calquera sanción grave ou moi grave, comunicaráselle por escrito ó traballador ou traballadora o cargo que se formule,

con expresión dos feitos que o motivan e das normas polas que a infracción se presume. No prazo de catro días hábiles, contados desde o seguinte ó da notificación, o traballador poderá efectua-las alegacións conducentes á súa defensa.

83.3. Efectuadas as probas que se coiden pertinentes, de oficio ou por instancia do traballador ou traballadora, formularase proposta de resolución que se lle comunicará a este e que será sometida ó informe do comité de empresa, que o deberá emitir no prazo de catro días hábiles a partir do seguinte ó da recepción da correspondente solicitude.

83.4. Transcorrido o dito prazo, dictarase a resolución que proceda, que se lle notificará ó interesado ou interesada e se lle comunicará á representación dos traballadores e traballadoras.

Artigo 84º.-Cancelación de faltas.

84.1. As notas desfavorables por faltas cometidas quedarán canceladas: ós 3 meses as leves, ós 6 meses as graves e ós 12 meses as moi graves.

Capítulo XIV

Seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 85º.-Comité de seguridade e hixiene no traballo.

85.1. Créase un comité de seguridade e hixiene coa seguinte composición: presidente, secretario, médico e dous vocais, nomeados pola dirección da empresa; dous traballadores ou traballadoras da TVG, un traballador ou traballadora da RTG e un traballador ou traballadora da CRTVG, nomeados polos respectivos comités de empresa entre o cadro de persoal. Este comité elaborará un regulamento no que se definirán as súas funcións e competencias.

85.2. En materia de seguridade e hixiene no traballo haberá que aterse ó disposto na normativa estatal, na posible normativa da Comunidade Autónoma galega e nas normas e recomendacións da OIT e mais da Comunidade Europea.

Capítulo XV

Dereitos colectivos e da representación dos traballadores e traballadoras.

Artigo 86º.-Representantes dos traballadores e traballadoras.

86.1. Para os efectos do presente convenio, recoñécese como representantes dos traballadores e traballadoras os seguintes:

-Os membros do comité de empresa.

-Os delegados ou delegadas das seccións sindicais.

Artigo 87º.-Comité de empresa.

87.1. O comité de empresa é o órgano colexiado e representativo do conxunto dos traballadores e traballadoras da empresa. Será elixido de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 88º.-Crédito sindical.

88.1. Cada membro do comité de empresa dispoñerá de 30 horas sindicais mensuais, acumulables heteroxeneamente, para o exercicio das funcións propias. Estas horas poderanse acumular mensualmente entre os diferentes membros do comité. Procurarase avisalo con 24 horas de antelación, agás sábado e domingo, quitados casos urxentes.

88.2. Os delegados e delegadas sindicais terán o mesmo número de horas cós membros do comité de empresa.

88.3. Os delegados ou delegadas sindicais que sexan tamén membros do comité de empresa poderán acumula-las horas das dúas representacións.

88.4. Para axiliza-la negociación colectiva, unha vez constituída a mesa de negociación negociarase a liberación dos membros da devandita comisión.

Artigo 89º.-Funcións do comité de empresa.

89.1. Sen prexuízo das que lle atribúan as disposicións legais de carácter xeral, serán funcións do comité de empresa as que se especifican nos parágrafos seguintes.

89.2. Vixia-lo cumprimento das normas vixentes en materia laboral, Seguridade Social e seguridade e hixiene no traballo, e tamén o cumprimento dos acordos do presente convenio.

89.3. Ser informado, de acordo co que establece o artigo 64 do Estatuto dos traballadores, sobre a situación económica da empresa, programas de investimentos, estatística de absentismo e as súas causas, e tamén sobre dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais e das súas causas.

89.4. Ser informado previamente sobre as decisións que a dirección da empresa adopte a respecto de:

-Organización do traballo.

-Política de ocupación e contratación do persoal.

-Reestructuración do cadro do persoal e traslados.

-Apertura, peche total ou parcial, definitivo ou temporal, ou modificacións no centro de traballo.

-Modificación do estatuto xurídico da empresa ou da actividade empresarial.

89.5. Asesorar, formular propostas e orientar nos temas relacionados coa organización e racionalización do traballo. Deberase presentar un informe á empresa con carácter previo á execución das decisións que adopte nos casos de implantación ou revisión dos sistemas de control do traballo, sen prexuízo das facultades que lle recoñeza a lei e o presente convenio á representación dos traballadores e traballadoras.

89.6. Todos e cada un dos membros do comité de empresa terán libre acceso a tódalas instalacións e centros de traballo da CRTVG e as súas sociedades. Terán acceso ó cadro horario, do que recibirán unha copia. Tamén accederán ós modelos TC1 e TC2 das cotizacións a Seguridade Social, ó calendario laboral, ós orzamentos dos centros, a un exemplar da memoria

anual dos centros e mais a tódolos outros documentos relacionados coas condicións de traballo que afecten ó persoal.

89.7. Financiamento do comité de empresa.

89.7.1. A dirección da empresa descontará das nóminas dos traballadores e traballadoras que así o indiquen a cantidade que se estableza como cota voluntaria de apoio ás actividades do comité de empresa.

89.7.2. Este desconto será voluntario e individual.

89.8. Comité interempresas.

89.8.1. Ó abeiro do disposto no artigo 63.3. do Estatuto dos traballadores, constituirase un comité interempresas de doce membros.

89.3.2. A súa composición será proporcional, de acordo co establecido no referido artigo do Estatuto dos traballadores. Para tal efecto, computaranse unicamente aqueles sindicatos que obtivesen máis dun cinco por cento dos delegados elixidos no ámbito do presente convenio.

89.8.3. Cada un dos membros do comité interempresas dispoñerá dun máximo de trinta horas mensuais, excluídas as derivadas da súa condición de membros de comité de empresa ou delegado ou delegada sindical, para dedicarse ás súas funcións representativas; as ditas horas poderanse acumular noutros membros do comité interempresas.

89.8.4. A CRTVG, TVG e RTG aboarán os gastos de desprazamento dos membros do comité interempresas sempre que fosen orixinados en razón das súas reunións coa dirección.

89.8.5. Entre as súas competencias están as seguintes:

89.8.5.1. Negociación do convenio colectivo, elección dos suplentes e asesores da comisión negociadora e aprobación do anteproxecto correspondente, sempre que así o decidan cando menos o oitenta por cento dos seus membros. Todo isto sen prexuízo das atribucións que a este respecto se lles recoñeza na LOLS e no Estatuto dos traballadores a outras instancias sindicais.

89.8.5.2. Elección dos representantes do persoal na comisión paritaria de vixilancia e interprestación do convenio, segundo a proporcionalidade existente no comité interempresas e sempre que este negociase o convenio colectivo.

89.8.5.3. O comité interempresas estará facultado para solicitar conflicto colectivo e interpoñer calquera tipo de reclamación e para solicita-la declaración de folga legal.

89.8.5.4. O comité interempresas velará pola correcta incorporación de calquera grupo a este convenio.

89.9. Delegados e delegadas sindicais.

89.9.1. Os delegados e delegadas sindicais a que se refire o parágrafo 86.1. terán dereito, sen prexuízo

do establecido no artigo 10.3 da LOLS, ós dereitos e garantías que se especifican nos parágrafos seguintes.

89.9.2. A representaren os afiliados e afiliadas da sección sindical en tódalas xestións necesarias perante a dirección respectiva e a seren oídos por esta para o tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ó persoal en xeral e ós afiliados e afiliadas a un sindicato en particular.

89.9.3. A seren informados e oídos pola empresa con carácter previo:

-Acerca dos despedimentos e sancións que afecten ós afiliados ou afiliadas ó sindicato.

-En materia de reestructuración do cadro do persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores e traballadoras, cando revistan carácter colectivo ou individual, ou do centro de traballo en xeral, e sobre calquera proxecto ou acción administrativa que poida afectar ó persoal.

-Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo.

89.9.4. Terán acceso á mesma documentación e información que a empresa deba poñer ó dispor do comité de empresa, de acordo co regulamentado mediante a lei. Estarán obrigados a gardar segredo profesional nas materias en que legalmente proceda.

89.9.5. Posuirán as mesmas garantías e dereitos que lles recoñecen a lei e mailo convenio colectivo ós membros do comité de empresa.

89.10. Os afiliados e afiliadas.

89.10.1. As persoas afiliadas a unha sección sindical terán os dereitos especificados nos seguintes parágrafos.

89.10.2. Obteren permiso sen soldo durante o tempo que pasen a ocupar postos de responsabilidade sindical con plena dedicación en ámbito superior ó centro de traballo. Este permiso terá unha duración mínima de seis meses e, ó rematar, o traballador ou traballadora incorporarase á mesma quenda e nas mesmas condicións de traballo.

89.10.3. A que se lles desconte da nómina o importe da cota sindical que corresponda se o interesado ou interesada expresa a súa conformidade. A administración transferirá as cantidades retiradas á conta bancaria que designe cada sindicato e forneceralle mensualmente á correspondente sección sindical a relación nominal das retencións realizadas.

89.11. Sección sindical.

89.11.1. O ámbito das seccións sindicais será o conxunto das tres empresas: CRTVG, TVG e RTG.

89.11.2. Cada sección sindical poderá designar delegados ou delegadas sindicais conforme a seguinte táboa segundo a lexislación vixente:

-De 501 a 750 traballadores e traballadoras: 3 delegados ou delegadas sindicais.

-De 750 traballadores e traballadoras en diante: 4 delegados ou delegadas sindicais.

89.12. Locais sindicais e taboleiros de anuncios.

89.12.1. Segundo o previsto na lexislación vixente, a representación legal dos traballadores e traballadoras dispoñerá de locais dotados de medios e material necesarios para o exercicio do seu labor.

89.12.2. Os comités de empresa e as seccións sindicais dispoñerán de taboleiros de anuncios, protexidos por vidro, para información ós traballadores e traballadoras.

89.12.3. A dirección da CRTVG e das súas sociedades facilitará o lícito exercicio da actividade sindical dos comités de empresa, delegados e delegadas do persoal, e seccións sindicais, e a súa difusión informativa en cada un dos centros de traballo. Dentro das súas posibilidades, permitirá o emprego dos medios necesarios para o cumprimento dos ditos obxectivos.

89.12.4. Os membros do comité de empresa, ou delegados e delegadas de persoal, terán participación nos órganos colexiados dos servicios sociais e asistencias da empresa colaboradora, grupo de empresa e mutualidade, dentro dos límites que puidesen establece-las normas que o regulen.

Disposicións adicionais

Primeira.

O 15 de xaneiro de 1996, constituirase unha comisión paritaria que se encargará da creación e redefinición de categorías profesionais e mais da reordenación de niveis salariais. A comisión fixará os requisitos de titulación necesarios para cada categoría profesional.

Segunda.-Consello de redacción.

A empresa e maila representación dos traballadores e traballadoras comprométense a negocia-lo establecemento dun consello de redacción da TVG, da RTG, e da CRTVG, regulamentado no seu correspondente estatuto, no que se recoñecerá o dereito ó segredo profesional e á cláusula de conciencia.

Terceira.-Regulamento interno sobre o uso do galego.

A empresa e maila representación dos traballadores e traballadoras negociarán a creación dun regulamento interno sobre o uso do galego.

Cuarta.

As dúas partes comprométense a estudiar na comisión paritaria as fórmulas que posibiliten garantir uns servicios constantes da conducción na CRTVG, TVG e RTG.

Disposicións transitorias

Primeira.-Pagamento dos atrasos.

A empresa aboará os atrasos correspondentes o ano 1995, que serán calculados sobre o salario base, pagas extras e antiguedade, na nómina do mes de outubro.

Segunda.-Publicación do convenio.

A empresa publicará no prazo dun mes a partir da súa publicación no DOG o texto íntegro do presente convenio colectivo e mailos textos legais ós que este fai referencia. Esta publicación distribuiráselles a todos e cada un dos integrantes do cadro do persoal das tres empresas.

APÉNDICE I

Distribución de categorías por niveis salariais.

NIVEL 1:

Asesor lingüista

Locutor-presentador (en extinción)

Titulado superior

Técnico de arquivo e documentación

Redactor

Programador (en extinción)

Productor

Realizador

Enxeñeiro superior de telecomunicacións

Productor de son da radio

Realizador da radio (en extinción)

NIVEL 2:

Locutor da radio

Titulado medio

Enxeñeiro técnico de telecomunicacións

Documentalista

NIVEL 3:

Técnico de sistemas

Analistaprogramador

Técnico electrónico de primeira

Técnico de administración

NIVEL 4:

Auxiliar de redacción (en extinción)

Técnico de control da radio

Promotor

Técnico electrónico

Reporteiro gráfico

Cámara de primeira

Deseñador gráfico

NIVEL 5:

Operador de posproducción

Técnico de son

Técnico de iluminación

Decorador

Programador-operador

Axudante de realización

Locutor de televisión

NIVEL 6:

Encargado de discoteca

Oficial productor de son da radio

Oficial técnico electrónico

Operador de cámara

Grafista-decorador (en extinción)

Oficial administrativo

Auxiliar de programas da radio

NIVEL 7:

Operador montador de video

Operadorproductor de son

Iluminador

Control de cámara

Relacións públicas

Auxiliar de programación de televisión

Axudante de producción

Maquillador

Oficial de mantemento

Oficial técnico electricista

Grafista titulador

Auxiliar administrativo

NIVEL 8:

Grafista electrónico (en extinción)

Especialista de montaxe

Axudante de cámara

Conductor

Auxiliar de informativos

NIVEL 9:

Almacenista

Ordenanza

Telefonista-recepcionista

Axudante de mantemento

Ordenanza-conductor (en extinción)

APENDICE II

Ano 1994: igual 1993.

Ano 1995: incremento 3,5%.

Cálculo xornada anual: 365 días-104 días f.s.-23 días Vac.-14 festivos= 224 días hábiles.

Xornada: días hábiles*xornada diaria= 224*7=1568 horas ó ano.

Valor hora normal= salario base anual/nº horas año=salario.

Cálculo de factor hora= (1*14)*1.09/1568=15,26/1568=0,009732. S.B. mensual

Valoración de distintas modalidades de horas por niveis salariais.

1995

ValorValor horaValor hora
NivelSalario basehora normalextra diurnaextra nocturna

1232.116,352.258,963.953,174.517,91
2215.783,012.100,003.675,004.200,00
3206.948,252.014,023.524,544.028,04
4198.113,491.928,043.374,073.856,08
5189.630,631.845,493.229,603.690,97
6181.146,741.762,923.085,113.525,84
7166.007,791.615,592.827,283.231,18
8150.721,881.466,832.566,942.933,65
9138.314,301.346,072.355,632.692,15

95-07883