Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.257

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 24 de novembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 1 de setembro de 1995.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 1 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 174, do 11 de setembro de 1995), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo de 3/1995, do 10 de abril, nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-resolver-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 1 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 174, do 11 de setembro de 1995).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, eles foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria inciarase a partir da correspondente alta.

Cuarta.-O xefe do centro no que se cause baixa o funcionario, así como do daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra a presente orde, que pon fina á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo da comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 7691129346 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Castro Villaverde Mª Amalia.

Código: OT.C04.00.000.15770.001.

Denominación do posto de traballo: secretario/a director xeral.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. xeral.

Nivel: 18.

Específico: 506,772.

7707