Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.117

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (321/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial.

Fai saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xudicial sumario do Art. 131 da Lei hipotecaria, rexistrados co número 321/1995, por instancia do procurador Victorino Regueiro Muñoz, no nome e representación de Caixa-Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, contra José Manuel García Calvo, con DNI/CIF 33254397, domiciliado no lugar de Castelo, concello de Ames (A Coruña), en reclamación de crédito hipotecario, actuacións nas cales se acordou sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo pactado na escritura de constitución da hipoteca o seguinte predio contra o que se procede:

-Casa sen número composta de plata baixa e alta, para vivenda unifamiliar con terreo anexo unido ó seu derredor, alpendres, hórreo, corte e lavadoiro no terreo propio. Forma un só predio ou unidade territorial que ocupa a superficie de trece áreas e oitenta e tres centiáreas, da que lle corresponde á casa a de cen metros cadrados aproximadamente; linda norte e oeste, núcleo urbano de Castelo; sur, camiño; leste,

estrada de Bertamiráns a Tapia e núcleo urbano de Castelo. Inscrita no tomo 753, libro 187, folio 44, do predio 10945 Vto. 44, do Rexistro de Negreira.

A poxa terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, sito na rúa Viena Núm. 1 (polígono das Fontiñas), desta localidade, o vindeiro día dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, ás dez horas, coas seguintes condicións:

1ª.-O tipo de remate é de seis millóns de pesetas, fixado para tal efecto na escritura de constitución da hipoteca, non se admitindo ningunha oferta que non cubra a dita cantidade.

2ª.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, na entidade bancaria Banco de Bilbao Vizcaya, S.A. Núm. de conta 1591/0000/18/0321/95, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo de remate, requisito sen o cal non será admitida oferta ningunha.

3ª.-Proderase face-lo remate na calidade de cederllo a un terceiro.

4ª.-A poxa celebrarase na forma de poxa aberta, aínda que desde o anuncio da poxa ata o momento da súa celebración poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, achegando o xustificante do ingreso correspondente o que se refere o apartado 2º.

5ª.-Os autos e a certificación rexitral a que se refiere a regra 4ª da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría onde se poderán examinar, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos. Do mesmo xeito, as cargas e gravames anteriores e os preferentes, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen se destinar para a súa extinción o prezo do remate.

6ª.-Por instancia do actor, poderanse reserva-los depósitos daqueles postores que cubrisen o tipo da poxa e o admitan, para os efectos de que se o primeiro adxudicatario non cumprise coas súas obrigas, poida aprobarse o remate a favor dos que a sigan, pola orde das súas respectivas ofertas.

7ª.-Para o suposto de que resulte deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día vinte de febreiro de mil novecentos noventa e seis, ás dez horas, nas mesmas condicións da primeira, agás o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira, e se é o caso, de resultar deserta a segunda, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vinte de marzo de 1996, ás dez horas, rexendo para as restantes condicións fixadas para a segunda, debendo neste caso de consignarse unha cantidade de alomenos, o vinte por dento do tipo da segunda poxa.

8ª.-Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebrar calquera das poxas nos días e horas sinalados, entenderase que se celebrará no seguinte día hábil, bardante os sábados; e á mesma hora sinalada.

E para que conste e sirva de notificación para o público en xeral, e para os demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns e taboleiros de anuncios.

Dado en Santiago de Compostela o dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7382