Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (344/1995).

Francisco Javier Míguez Poza maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela.

Fai saber: que no procedemento xudicial sumario do Art. 131 da Lei hipotecaria baixo o número 344/1995, por instancia da Caixa de Aforros Provinical de Pontevedra, representada polo procurador García Piccoli Atanes, contra José Isidro Fernández Rodríguez e María Josefa Brea Gómez, con enderezo na rúa de Praga, 3-3-B, polígono das Fontiñas-Santiago de Compostela, acordou a celebración de poxa pública, na sala de audiencias deste xulgado, anunciándoa con

vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

1.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día dezaoito de xaneiro de 1996, ás once horas, na sala de audiencias deste xulgado, polo tipo de oito millóns seiscentas cincuenta e nove mil cento corenta pesetas (8.659.140 ptas), fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para unha segunda poxa o vindeiro día doce de febreiro de 1996, ás once horas, na sala de audiencias deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día oito de marzo de 1996, ás once horas na sala de audiencias deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores -a excepción do acreedor demandante- deberán consignar previamente o 20 por 100 do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantiade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0344/95, presentando o xustificante do ingreso.

6.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atopanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes do crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cacelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de os satisfacer, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

7.-Poderanse facer ofertas en prego pechado e o remate poderase verificar en calidade de decerllo a un terceiro, coas regras que establece o Art. 131 da Lei hipotecaria.

8.-No caso de que houbese de suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a sua celebración para a mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

9.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en déposito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10.-Se o pedise o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os

prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumpriese coa súa obriga de desexasen aproveita-lo remate outros postores e sempre pola orde delas.

11.-A publicación do presente edicto serve como notificación do sinalamento do lugar, día e hora ó debedor.

Bens obxecto da poxa.

Número trinta e oito.-Vivenda letra B da planta terceira do edificio construído na parcela R.8.3. do polígono das Fontiñas desta cidade de Santiago de Compostela, Ten unha superficie útil de 64 metros e 65 decímetros cadrados. Linda, norte: vivenda letra A da súa mesma planta e oco do ascensor; sur: vivenda letra C da súa mesma planta; leste: corredor C-5, hoxe rúa de Luxemburgo e oeste: oco do ascensor, corredor de acceso o patio interior cuberto.

Anexos: ten como tales a praza de garaxe e rocho sinalados como número trinta e oito na planta soto.

Cota de participación: un coma noventa e catro por cento (1,94%).

Inscrición: tomo 1139, libro 165, folio 111, predio 21.323, libre de arrendatarios e cualificada como vivenda de protección oficial de promoción pública.

Dado en Santiago de Compostela o nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7839