Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (311/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Santiago de Compostela.

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 311/1994, se seguen autos de xuizo executivo, a pedimento do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Ángel Joaquín Pazos Rodríguez e Teresa Fariñas Gómez, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración pericial, o seguinte predio embargado ós demandados:

-Vivenda situada na planta terceira, letra G da casa nº 15 da rúa Santa Marta de arriba, de Santiago de Compostela. Extensión: corenta metros e vinteoito decímetros cadrados. Consta de estancia-comedor-cociña, aseo e tres dormitorios. Linda: á fronte, co relanzo e caixa das escaleiras; dereita, entrando, vivenda 3º F; esquerda e fondo, con xardín. Inscrita no rexistro da propiedade nº 2 de Santiago de Compostela, no tomo 1106, libro 148 da sección 2ª, folio 8, predio 689.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono de Fontiñas, o vindeiro día 7 de febreiro, ás doce horas, consonte as seguintes condicións:

1.-O tipo de remate será de 6.646.200 ptas., sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2.-Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, nº conta 1592-17-311-94, o vinte por cento do tipo do remate.

3.-Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4.-Só a parte demandante poderá face-lo remate en calidade de cedelo a un terceiro.

5.-Reservaranse en depósito, a pedimento do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e non cubrisen o

tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6.-Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na Secretaría do xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

7.-As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do ofertante, quedarán subsistentes e sen cancelar e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 6 de marzo, ás doce horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 9 de abril, tamén ás doce horas, e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela, o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7682