Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dun centro de actividades náutico-deportivas, no concello de Oleiros (A Coruña) e oito máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, en cumprimento dos compromisos contraídos no marco do convenio de cooperación sobre instalacións deportivas entre a Xunta de Galicia e as deputacións provinciais da Coruña, Ourense e Pontevedra, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-los respectivos procedementos de adxudicación mediante procedemento aberto e concurso público, tramitación urxente, dos contratos de obra que a continuación se identifican:

Provincia da Coruña.

1.-Obra obxecto do contrato.-Construcción dun centro de actividades náutico-deportivas, no concello de Oleiros (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 107.686.383 de ptas. (cento sete millóns seiscentas oitenta e seis mil trescentas oitenta e tres pesetas)

c) Prazo de execución: doce (12) meses.

2.-Obra obxecto do contrato.-Urbanización no complexo deportivo do INEF de Galicia, no concello de Oleiros (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría e.

b) Orzamento de execución por contrata: 123.460.938 ptas. (cento vintetrés millóns catrocentas sesenta mil novecentas trinta e oito pesetas).

c) Prazo de execución: oito (8) meses.

3.-Obra obxecto do contrato.-Acondicionamento e mellora do pavillón polideportivo, 2ª fase, no concello de Ordes (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 36.517.922 ptas. (trinta e seis millóns cincocentas dezasete mil novecentas vintedúas pesetas)

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

4.-Obra obxecto do contrato.-Campo de fútbol en Castriz, no concello de Santa Comba (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 28.062.988 ptas. ( vinteoito millóns sesenta e dúas mil novecentas oitenta e oito pesetas).

c) Prazo de execución: oito ( 8) meses.

5.-Obra obxecto do contrato.-2ª fase no pavillón polideportivo do Grupo Escolar de Traba, no concello de Santa Comba (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 28.050.888 ptas. (vinteoito millóns cincuenta mil oitocentas oitenta e oito pesetas)

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

6.-Obra obxecto do contrato: Construcción de piscina ó aire libre, en Xanceda, no concello de Mesía (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 34.713.915 ptas. (trinta e catro millóns setecentas trece mil novecentas quince pesetas).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

7.-Obra obxecto do contrato.-Construcción pavillón polideportivo en Guísamo, concello de Bergondo (A Coruña).

A) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 72.018.376 ptas. (setenta e dous millóns dezaoito mil trescentas setenta e seis pesetas).

c) Prazo de execución: oito (8) meses.

Provincia de Ourense.

8.-Obra obxecto do contrato.-Construcción de ximnasio e obras de mellora no pavillón polideportivo, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 28.568.816 ptas. ( vinteoito millóns cincocentas sesenta e oito mil oitocentas dezaseis pesetas).

c) Prazo de execución: sete (7) meses.

Provincia de Pontevedra.

9.-Obra obxecto do contrato.-Construcción centro municipal de remo, no concello de Tui (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 29.948.069 ptas. (vintenove millós novecentas coarenta e oito mil sesenta e nove pesetas).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos poderán examinarse no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata as 14 horas.

Pazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte, (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamanto xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

As proposicións económicas deberán ir acompañadas, en sobre á parte, dos documentos enumerados no artigo 80 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e dos que permitan aplica-los criterios de avaliación ós que refire o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de maio de 1995, publicado no DOG correspondente ó día 30 de maio.

Cando as proposicións se envíen por correo, o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola mesa de contratación desde as 9:30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada unha das obras citadas quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do

disposto no artigo 36.2 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento quedarán eximidos, igualmente, de prestaren fianza provisional.

Os emprearios non clasificados deberán prestar fianza provisional polo importe do 2% do orzamento de execución por contrata delas.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

Cando un propoñente presente proposicións económicas para máis dunha das obras incluídas na presente resolución, deberá presentar un sobre A e B común para todas elas que conterá a documentación requirida no prego e identificará na carátula deles as obras nas que se pretende que produza efectos.

Non obstante o anterior, presentarase un sobre A por cada obra á que concorra, na que só se deberá introduci-la acreditación da verificación da suficiencia do poder de representación e a clasificación empresarial posuída.

A documentación que sexa aportada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada ante a Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser declarados suficientes polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

7819