Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso, mediante procedemento aberto co carácter de urxencia, para a contratación da subministración consistente na adquisición de diverso material informático con destino a Consellería de Economía e Facenda. (Expediente: 25/1995).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso mediante procedemento aberto, co carácter de urxencia para a contratación dunha subministración consistente na adquisición de diverso material infor

mático con destino á Consellería de Economía e Facenda. As características básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicataria: Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704, Santiago de Compostela. Tfno. 54 41 34.

Modalidade: concurso mediante procedemento aberto, co carácter de urxencia.

Obxecto: subministración, consistente na adquisición do seguiente material informático, con destino á Consellería de Economía e Facenda:

-Sesenta e cinco ordenadores persoais.

-Once impresoras láser.

-Un conmutador Ethernet.

-Un servidor de ficheiros e aplicacións.

Prazo de entrega: unha semana contada desde a data da sinatura do contrato.

Forma de pagamento: por transferencia bancaria , logo de facturación da subministración.

Orzamento máximo: a citada subministración divídese nos seguintes lotes e con orzamentos máximos de licitación, IVE incluído, que a continuación se relacionan:

LotesDenominaciónImportes(ptas.)

I Sesenta e cinco ordenadores persoais14.625.000.-

IIOnce impresoras láser 3.080.000.-

IIIUn conmutador Ethernet2.200.000.-

IVUn servidor de ficheiros e aplicacións 5.500.000.-

TOTAL25.405.000.-

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación. Lote I: 292.500 ptas., lote II : 61.600 ptas., lote III: 44.000 ptas., lote IV: 110.000 ptas.

Documentación de interese para os licitadores: estará á disposición dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións elaboraranse segundo ó modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñen que presentar os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asistir os licitadores e

os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela), ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

95-7643