Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.087

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (254/1990).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia a Instrucción número un de los de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 254/90 se dictou sentencia con data do dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e cinco, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 254 de 1990, entre partes: dunha, como demandante, a Caixa Postal de Aforros, domiciliada en Madrid, representada en autos polo procurador Caamaño Queijo, asistido do letrado Puñal Costa, e da outra, como demandados, José Manuel Sánchez Mugico e Susana Barreiro Hermo, maiores de idade, veciños que foron desta cidade e actualmente en pardoiro descoñecido, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido, que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra José Manuel Sánchez Mugico e Susana Barreiro Hermo, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto, enteiro e cumprido pagamento á parte executante, Caixa Postal de Aforros, da suma principal de 84.084 pesetas, mailos gastos, xuros pactados e legais, sen prexuízo de ulterior liquidación e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, á que lle será notificada esta resolución na forma que dispón a lei para os rebeldes; facéndolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

Para que lles sirva de notificación a José Manuel Sánchez Mugico e a Susana Barreiro Hermo, expido

este edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7816