Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.086

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (89/1994).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber, que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de declaración de menor contía e reclamación de cantidade número 89/1994, nos que recaeu sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

En Padrón, nove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Padrón e o seu partido, os presentes autos de declaración de menor contía e reclamación de cantidade seguidos neste xulgado co nº 89/1994, nos que son parte, como demandante, Antonia del Carmen Amanda Saavedra Naya, representada pola procuradora Mª del Carmen Esperanza Álvarez, e asistida polo letrado Cesáreo Pardal Castro, e como demandada, Teresa Saavedra Pereira, Mª Jesús Saavedra Pereira, Socorro Saavedra Pereira, Juan Saavedra Pereira, Antonio Saavedra Pereira, Carmen Boado Vázquez, Alfonso Saavedra Pereira, Concepción Sánchez-Harguindey Pimentel, José Ramón Saavedra Pereira, Mercedes Penas Mazaira, Manuel Saavedra Pereira, Mª Cristina Robledo Caneda, Joaquín Saavedra Pereira, José Rey Tojo, Tomás Mignone, Tula Raquel Christiansen, herdeiros descoñecidos de Mª Carmen e María e persoas descoñecidas e incertas, en rebeldía os cinco últimos.

Decido: que admito a demanda formulada por Antonia del Carmen Amanda Benigna Saavedra Naya, representada pola procuradora Esperanza Álvarez contra Teresa Saavedra Pereira, Mª Jesús Saavedra Pereira, Socorro Saavedra Pereira, Juan Saavedra Pereira, Antonio Saavedra Pereira, Carmen Boado Vázquez, Alfonso Saavedra Pereira, Concepción Sánchez-Harguindey Pimentel, José Ramón Saavedra Pereira, Mercedes Penas Mazaira, Manuel Saavedra Pereira, Mª Cristina Robledo Caneda, Joaquín Saavedra Pereira, todos eles representados polo procurador Reymonde Portela, José Rey Tojo, Tomás Mignone, Tula Raquel Christiansen, así como as persoas que resulten ser herdeiras de Carmen e todas aquelas persoas descoñecidas e incertas que puidesen estar interesadas nas pretensións aquí deducidas, todos eles en rebeldía procesual; e debo declarar e declaro o seguinte:

1. Que procede a nulidade dos asentos rexistrais, concernentes ós predios números 7.678, 8.268, 8.284, 8.287 e 8.787, figurados na certificación rexistral achegada con este escrito de demanda como documento nº 5, expedida polo rexistro da propiedade de Padrón, que son os mesmos asentos que figuran como segunda inscrición na tamén certificación expedida polo mesmo rexistro achegada igualmente con este

escrito de demanda como documento nº 6; e a cancelación dos ditos asentos efectuados respecto daqueles predios que accederon ó rexistro por consecuencia dos actos e contratos declarados nulos e inexistentes por sentencia da sección primeira da Audiencia Territorial da Coruña, con data 7 de abril de 1988, referida no feito terceiro desta demanda e que se achegou con esta como documento nº 4, recaída no rolo de apelación nº 151/1985 da sección primeira da Audiencia Territorial da Coruña, en autos de xuízo ordinario de maior contía nº 351/1981 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

2. Que os predios descritos no feito primeiro da demanda pertencen en propiedade e proindiviso a Antonia del Carmen Amanda Benigna Saavedra Naya e ós demandados Alfonso, Antonio, Manuel, Juan José, Mª Teresa, Mª Jesús, Socorro, Joaquín e José Ramón Saavedra Pereira, ou ás persoas que resulten ser herdeiras de María e Carmen Saavedra Carril, na proporción de dez doceavas partes á demandante e dúas doceavas partes ós ditos demandados Saavedra Pereira ou ás persoas que resulten ser herdeiras de María e Carmen Saavedra Carril.

3. Que a demandante non está obrigada a permanecer en comunidade cos demandados Saavedra Pereira ou persoas que resulten ser herdeiras de María e Carmen Saavedra Carril, respecto dos predios descritos no feito primeiro da demanda e procede, polo tanto, a división destas, que se levará a cabo en execución de sentencia e, para o suposto de que sexan indivisibles, procede o seu alleamento en pública poxa e o reparto de prezo entre a demandante e os demandados Saavedra Pereira ou persoas que resulten ser herdeiras de María e Carmen Saavedra Carril, na proporción que resulte da declaración precedente. E, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a estaren e pasaren por estas declaracións, e a acatalas e cumprilas en legal forma, e cancelaranse os asentos rexistrais efectuados por consecuencia dos actos e contratos que foron declarados nulos, e a procederen os irmáns Saavedra Pereira, ou persoas que resulten ser herdeiras de María e Carmen Saavedra Carril, coa demandante, á

división dos predios descritos no feito primeiro da demanda ou, no caso de que resulten ser indivisibles, a proceder ó seu alleamento en pública poxa.

Impóñenselle-las custas procesuais ós demandados.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes en legal forma.

Así, por esta miña sentencia, contra a cal se poderá interpor recurso de apelación en ámbolos efectos no prazo de cinco días, a partir do seguinte ó da súa notificación.

E para a súa publicidade e que lles sirva de notificación ós demandados non comparecidos José Rey Tojo, Tomás Mignone, Tula Raquel Christiansen, herdeiros descoñecidos e incertos de Carmen e María e persoas descoñecidas e incertas, expido o presente

edicto en Padrón o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-07137