Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.085

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Pura e Aplicada, a Carlos Daniel Bravo Díaz.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 28 de outubro de 1994 (BOE do 14-11-1994), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Pura e Aplicada da Universidade de Vigo, a prol de Carlos Daniel Bravo Díaz, DNI nº 32.630.557, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Carlos Daniel Bravo Díaz profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Pura e Aplicada da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 13 de novembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-07116