Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.049

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (287/1993).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo executivo número 287/1993, seguidos neste xulgado, dictouse sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o tres de outubro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo nº 287/1993, promovidos por Banco Simeón, S.A., representado polo procurador Manuel García Boado, e defendido polo letrado Rafael Pedosa Vicente, contra Luis Requeijo Iglesias, declarado en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

E que na súa parte dispositiva di: que debo mandar e mando segui-la execución adiante ata facer remate nos bens embargados e que no sucesivo se lle poidan embargar ó debedor Luis Requeijo Iglesias, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da

cantidade de 288.941 ptas. de principal e outras 100.000 pesetas máis calculadas, sen prexuízo de posterior liquidación, para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente lle impoño á parte demandada.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións e inclúase o orixinal no libro de sentencias.

Contra esta resolución cabe interpor perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, que lle será notificada ó demandado na forma e modo que a lei prevén para os rebeldes, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado Luis Requeijo Iglesias, así como á súa esposa, para os efectos previstos no artigo 144 do Regulamento hipotecario, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A oficial en funcións de secretaria xudicial

Rubricado

7073