Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.049

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (37/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e en virtude do acordado en resolución dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 37/1995 (executoria 63/1995), sobre furto, pola presente cédula requiro a Roberto Rodríguez Freijeiro, para que compareza ante este xulgado na maior brevidade para constituílo en arresto domiciliario por termo dos dous días a que foi condenado, prevíndoo que de non facelo recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de requirimento en forma a Roberto Rodríguez Freijeiro, o cal se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado.

7072