Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.048

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (244/1994).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón.

Fai saber: que en autos de xuízo de cognición 244/1994, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

En Padrón o nove de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz en provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia de Padrón e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de cognición seguidos neste xulgado co número 244/1994, nos que son parte, como demandante, Eugenio Castro Lorenzo, representado polo procurador Manuel García Boado e asistido pola letrada María Pardal Sánchez, e como demandado, Manuel Raúl Figueira Rodríguez, en rebeldía procesual, e María Ramona Villar Pérez, representada polo procurador

Oscar García-Piccoli e asistida pola letrada Ana Isabel Paz Rodríguez.

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Eugenio Castro Lorenzo, representado polo procurador García Boado, e debo absolver e absolvo a María Ramona Villar Pérez, representada polo procurador García-Piccoli, das pretensións contra ela exercidas, e debo condenar e condeno a Manuel Raúl Figueira Rodríguez, en rebeldía procesual, a aboarlle ó demandante o importe de 112.000 pesetas de principal, mailo xuro do 12% anual desta cantidade desde o 18 de abril de 1983 ata o seu completo pagamento.

A parte demandante e a que resulte condenada aboarán por metade as custas causadas nesta primeira instancia.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes en legal forma.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá interpor recurso de apelación por escrito e con sinatura de avogado, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación na forma que dispón o Art. 733 LAC, perante este xulgado ante a Audiencia Provincial da Coruña, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Manuel Raúl Figueira Rodríguez, expido o presente edicto en Padrón, quince de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9507087