Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.644

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (1163/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos dos que se fará mención, constan a sentencia e auto aclaratorio que conteñen os particulares seguintes:

Sentencia.-En Santiago de Compostela, o vintesete de xullo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos

por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, número 1163/1994, seguidos por nulidade de testamento e outros extremos entre as partes, dunha, como demandante, Avelino Suárez Raviña, representado polo procurador Cuns Núñez, asistido do letrado Suárez Espiñeira, contra María Suárez López, Jesús Suárez López e Manuel Jesús Taboada Suárez, herdeiros testamentarios do falecido Manuel Suárez López e domiciliados en Carabán, parroquia de Santa Eulalia de Vigo, concello de Boqueixón, representados polo procurador Oscar García-Piccoli e defendidos polo letrado José Lorenzo Vázquez, así como contra outros descoñecidos e ignorados herdeiros de Manuel Suárez López, a súa herdanza xacente e o Ministerio Fiscal.

Decido: estimando a demanda formulada polo procurador Cuns Núñez, en nome e representación de Anselmo Suárez Raviña, contra María Suárez López, Jesús Suárez López e Manuel Jesús Taboada Suárez, representado polo procurador García-Piccoli, e contra as persoas descoñecidas e ignoradas que sean herdeiros de Manuel Suárez López, declarados procesualmente en rebeldía, debo declarar e declaro que Anselmo Suárez Viña é fillo lexítimo de Manuel Suárez López; que é nula, por contraria a dereito, a segunda disposición testamentaria contida no testamento de Manuel Suárez Taboada, outorgado o día 10 de novembro de 1992, ante o notario Ildefonso Sánchez Mera, na que nega que o fillo da súa muller, Anselmo, o sexa tamén do testador, non reconocéndolle ningún dereito lexitimario na súa herdanza, e que son ineficaces as disposicións contidas no testamento de Manuel Suárez Raviña; e debo condenar e condeno ós referidos demandados a estaren e pasaren por estas declaracións e a que se leve a efecto en

execución de sentencia a partición da herdanza de Manuel Suárez López e todo iso sen facer expresa imposición das custas causadas no procedemento. Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor neste xulgado recurso de apelación, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

A dita sentencia foi aclarada por medio de auto con data vinteún de setembro de mil novecentos noventa e cinco, o cal contén a parte dispositiva seguinte:

Que, estimando a demanda formulada polo procurador Cuns Núñez, en nome e representación de Anselmo Suárez Raviña contra María Suárez López, Jesús Suárez López e Manuel Jesús Taboada Suárez, representados polo procurador García-Piccoli, e contra as persoas descoñecidas e ignorados herdeiros de Manuel Suárez López, declaradas procesualmente en rebeldía, debo declarar e declaro que Anselmo Suárez Raviña é fillo e lexitimario de Manuel Suárez López; que é nula, por contraria a dereito, a segunda disposición testamentaria contida no testamento de Manuel Suárez Taboada, outorgado o día 10 de novembro de 1992 ante o notario Ildefonso Sánchez Mera, na que nega que o fillo da súa muller, Anselmo, o sexa tamén

do testador, non recoñecéndolle ningún dereito lexitimario na súa herdanza, e que son ineficaces as disposicións contidas no testamento de Manuel Suárez López, en canto prexudiquen a lexítima do seu fillo Anselmo Suárez Raviña; e debo condenar e condeno os referidos demandados a estaren e pasaren por estas declaracións e a que se leve a efecto en execución de sentencia a partición da herdanza de Manuel Suárez López, e todo iso sen facer expresa imposición das custas causadas no procedemento. Notifíqueselles ás partes na mesma forma acordada na resolución anterior.

E para que lles sirva de notificación ós demandados declarados en rebeldía, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7708