Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.644

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (113/1992).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo, co número 00113/1992, séguense autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación do Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Tres Conchas, S.L., representado polo procurador Calviño Gómez, por reclamación de cantidade, actuacións nas que se acordou sacar á venda en primeira e púbica poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración pericial o seguinte vehículo que se lle embargou ó demandado:

-Furgoneta Renault Express, matrícula C-0748-AX. Bastidor VS5 F402507045129.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, o vindeiro día 10 de xaneiro ás doce horas, de acordo coas seguintes condicións:

1.-O tipo do remate será de 550.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2.-Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado, no BBV, nº de conta 1592-17-113-92 o vinte por cento do tipo de remate.

3.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o vinte por cento do importe do remate.

4.-Só a parte actora poderá face-lo remate en calidade de cedelo a un terceiro.

5.-Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e teñan cuberto o tipo da poxa, para os efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que a sigan por orde das súas respectivas ofertas.

6.-As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, quedarán susbsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo de remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálese para que teña lugar a segunda o vindeiro día 5 de febreiro, ás doce horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, se é o caso, de resultar deserta a segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 4 de marzo, tamén ás doce horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o seis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7046