Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.643

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (284/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Faigo saber: que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 284/1994, promovido por Caixa de Aforros de Galicia contra Ismael Taboada Buján y Consuelo Rodríguez Blanco nos que, por resolución desta data, acordouse sacar á venda en pública poxa o/s inmoble/s que ó final se describen, o remate dos cales terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa o día 25 de xaneiro próximo ás 12 horas, e servirá de tipo o pactado na escritura de hipoteca, que ascende á suma de 31.072.000.

En segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o vindeiro día 29 de febreiro ás 12 horas, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 28 de marzo próximo ás 12 horas, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa.

1.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda, e poderase face-lo remate en calidade de ceder a terceiros.

2.-Os que desexen tomar parte na poxa, agás o acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado, no BBV, nº conta 1592-18-284-94, o vinte por cento do tipo expresado, e sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3.-Os autos e certificacións do rexistro ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, e enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes - se os houber - ó crédito do demandante continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa.

-Casa sinalada co nº 5 da rúa Fonte de Santo Antón, que consta de dous corpos, planta baixa e piso principal e, en realidade, de planta baixa, dous pisos altos e bufarda. Ten de longo 20 metros e 60 centímetros entre fachadas; e a solaina que segue a continuación da de atrás, que mide de longo 3 metros e 40 centímetros; pola parte de diante, ten de largo 5 metros e 15 centímetros sen o groso que lles corresponde ás medianeiras e vai aumentando este largo 6 metros, que ten a fachada de atrás medida polo interior, tamén entre medianeiras. Linda: nordés, dereita entrando, coa casa nº 4 da mesma rúa, saído que lle corresponde á casa nº 15 de Patio de Madres; esquerda, coa casa nº 6 da mencionada rúa e con saído e parte da casa nº 7 da mesma rúa Fonte de Santo Antón; o dito saído ten tres luces á que se describe; sudoeste, xardín da casa nº 14 da rúa Patio de Madres e polo nordés, coa repetida rúa Fonte de Santo Antón no que sería o seu fronte ou fachada principal. Inscrita no rexistro da

propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, ó tomo 1055, libro 90, folio 94, predio 8.316, 3ª.

Dado en Santiago de Compostela o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7720