Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.643

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (57/1995).

En virtude do acordado por Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción núm. dous dos de Noia e o seu partido en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas número 57/1995 que se segue perante este xulgado sobre lesións en agresión, cítase o denunciado Mario Lado Canabal, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o vindeiro día 15 de decembro ás 10.30 horas, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que intente valerse, facéndose sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; podendo ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Noia o vintecinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7381