Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.642

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (224/1994).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número un de Arzúa.

Fai saber: que este xulgado do meu cargo, co número 224/1994, se segue procedemento executivo por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, contra Manuel López López, con enderezo na rúa San Roque, nº 68, de Melide, Fernándo López López, con enederzo na rúa San Roque, nº 68, de Melida, e Luis López López, con enderezo na rúa San Roque nº 68, de Melide, por reclamación de cantidade; autos nos que se acordou sacar á venda en primeira poxa pública, por termo de vinte días e prezo da súa taxación os seguintes bens embargados no procedemento que ó final do presente edicto se describirán polo miúdo:

Os bens saen a licitación en lotes separados.

A poxa celebrarase o vindeiro día vintecinco de xaneiro ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Lugo nº 45, baixo as condicións seguintes:

1º.-O tipo do remate será o do valor que se lles deu ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita cantidade.

2º.-Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A. Axencia 1475, conta de consignacións número 1510-000-17) a favor do expediente executivo 224/94.

3º.-Soamente o executante poderá cederlle o remate a un terceiro.

4º.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo do ingreso do importe indicado no punto 2º.

5º.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o día vinteseis de febreiro, ás dez horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira, e, se é o caso, de resultar deserta a segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintesete de marzo, tamén ás dez horas, rexendo para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste, e sirva de notificación para o público en xeral e para os demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa o sete de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O Secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto da poxa.

1.-Labradío chamado Debaixo da Eira, Agro de Castro. De trece cuartillos e medio ou 2 áreas e 90 centiáreas. Linda, norte: muro do predio de Manuel Mejuto; sur e leste: Florinda Cacheiro, e oeste: Santiago Viacomo e José López.

Non figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa.

Valórase e 350.000 pesetas.

2.-Labradío Das Tercias, do Carreiro, de dezanove cuartillos e medio ou 4 áreas e 35 centiáreas. Linda, norte: Carmen Gómez, sur: muro do predio de José Varela Patiño, leste: Santiago Viaceima, e oeste: herdeiros de Constantino Guerrero.

Non figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa.

Valórase en 500.000 pesetas.

3.-Monte en Estivada do Monte Vello, de dous ferrados ou dez áreas e 72 centiáreas. Linda, norte: Carmen Gómez, sur: Jesús Vizcaiño, leste: Revolla dos Navos e oeste: estivada.

Non figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa.

Valórase en 964.800 pesetas.

4.-Segunda Grande pola casa de Rosa, duns tres ferrados ou 16 áreas e 8 centiáreas. Linda: norte, Manuel Mejuto Varela; sur, ignórase, leste: Pena de Pascua; e oeste, Poxo de Barreiras.

Non figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa.

Valórase en 935.200 pesetas.

O tipo da poxa é de dous millóns setecentas cincuenta mil pesetas.

7245