Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.642

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 93/041 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no Art. 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade núm. 93/041, convocada por Resolución do 1 de decembro de 1995, (BOE do 22 de decembro)comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 27 de outubro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: bioloxía animal.

Praza Nº: 93/041.

Comisión titular.

Presidente: Novoa Docet, Francisco. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Mora Bermúdez, José E. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Purroy Iraizoz, Francisco José. Catedrático de universidade. Universidade de León.

Matallanos García, Jesús. Catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Rey Salgado, José Miguel. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente.

Presidente: Soler Andrés, Agustín. Catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Secretario: Bach Piella, Carmen. Catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocais:

Anadon Álvarez, María Nuria. Catedrática de universidade. Universidade de Oviedo.

Gosalbez Noguera, Joaquín. Catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Barrientos Alfageme, José Antonio. Catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

7721