Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso mediante procedemento aberto, co carácter de urxencia, para a contratación da subministración dun equipo de aire acondicionado con destino ó Centro de Proceso de Datos. (Expediente: 26/1995).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso mediante procedemento aberto, co carácter de urxencia, para a contratación dunha subministración dun equipo de aire acondicionado con destino ó Centro de Proceso de Datos. As características básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicataria.-Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno. 54 41 34.

Modalidade.-Concurso mediante procedemento aberto, co carácter de urxencia.

Obxecto.-Subministración dun equipo de aire acondicionado con destino ó Centro de Proceso de Datos.

Plazo de entrega.-Unha semana contada desde a data da sinatura do contrato.

Forma de pago.-Por transferencia bancaria , logo da facturación da subministración.

Presuposto máximo.-Dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Fianza provisional.-2% do orzamento de licitación. 40.000 ptas.

Documentación de interese para os licitadores.-Estará a dispor dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións.-As proposicións elaboraranse segundo ó modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores.-A esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.-A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano, Santiago de Compostela, ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

95-7470