Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Independentes da Dobraxe de Galicia -IDG-.

En cumprimiento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Independentes da Dobraxe de Galicia -IDG- que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán formar parte da devandita asociación os actores e directores de dobraxe, os membros

dos corpos de producción e/ou administración, os traductores e/ou axustadores de diálogos, os técnicos de son, sala, mesturas e efectos, e os supervisores lingüísticos que leven a cabo a súa actividade profesional no sector da dobraxe en Galicia.

Asinan a acta de constitución: Santiago María Salorio del Moral e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7607