Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación da edición, distribución e venda dos temarios para as próximas probas selectivas de acceso a corpos xerais da Xunta de Galicia.

Obxecto: impresión, distribución e venda dos temarios para as próximas probas selectivas de acceso a corpos xerais de Administración xeral da Xunta de Galicia.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia.

Garantía definitiva: 200.000 ptas.

Prazo de execución: 20 días naturais contados desde o seguinte á entrega dos temarios pola EGAP.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995.

Criterios de adxudicación:

-Calendarios de execución dos traballos.

-Prezo ofertado polo conxunto dos temas.

-Medios materiais que se poñerán á disposición para executa-los traballos.

Exposición de pregos: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estará á disposición dos interesados no servicio de Publicacións da EGAP, durante o prazo de presentación das proposicións.

Modelo de proposición: a proposición axustarase estrictamente o modelo que se xunta como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, 15703 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na

forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas da EGAP ás 10 horas do quinto día natural seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.

P.D. (R. 5-5-1992)

José Antonio Frutos Páez

Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública

7611