Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores de Pataca de Coristanco.

En cumprimiento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Productores de Pataca de Coristanco, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas maiores de 18 anos e con plena capacidade de obrar, que teñan a condición de productor de pataca e acrediten tal condición, segundo a súa boa fe.

Asinan a acta de constitución: Gerardo Porteiro Amarelle e cincuenta e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7481