Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 23 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da providencia de apertura do expediente sancionador de epizootias 147/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO:

Expediente: 147/1995.

Denunciado: Lubricantes Pizarro, S.A..

Último enderezo coñecido: r/ Estremadura, 13, Madrid.

Feitos imputados: transporte de animais no vehículo M-7229-GU, conducido por Manuel Fernández Argiz, carecendo do documento acreditativo de te-lo vehículo inscrito no Servicio de Gandería da Consellería de Agricultura para o transprote de gando.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: 52.

Precepto sancionador: 215.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 25.000 ptas.

Lugo, 23 de outubro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

7473