De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.
Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do procedemento.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, Lugo.
ANEXO:
Expediente: 109/1995.
Denunciado: Ángel Sánchez Ares.
Último enderezo coñecido: r/ Progreso, 202-1º D, A Rúa, Ourense.
Feitos imputados: transporte de animais no vehículo OR-3114-P, carecendo do documento acreditativo de te-lo vehículo inscrito no Servicio de Sanidade e Producción Animal da Consellería de Agricultura para o transporte de gando.
Tipificación infracción Regulamento de epizootias:
Precepto infrinxido: 52.
Precepto sancionador: 215.
Cualificación infracción: menos grave.
Sanción: 10.000 ptas.
Lugo, 23 de outubro de 1995.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo
95-07349