Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-20/1995, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos personais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectivo no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

* nº 311-152 116/7-Caixa Galicia. Oficina Principal Lugo.

ANEXO:

Expediente: LU-20/1994.

Denunciado: Miguel Aranda Ruiz.

DNI nº: 70.571.162.

Último enderezo coñecido: 1º de Abril-Bolaños de Calatrava-C. Real.

Feitos imputados: transporta-lo día 26 de febreiro de 1995, no vehículo matrícula CR-1453-P, douscentos animais (galiñas e polos), carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigo 32.

-Precepto sancionador: artigo 212.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 10.000 pesetas.

Lugo, 2 de outubro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

95-07348