Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 11/1995, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo

coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancinador que se instrúe por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo R.D. do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 2 de outubro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO:

Expediente: 11/1995.

Denunciado: José Luis Cadahia González.

DNI nº: 34.225.294.

Último enderezo coñecido: S. Isidoro, 50-Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 8 de febreiro de 1995, no vehículo matrícula C-2938-AT, seis cabezas de gando bovino e unha de porcino, carecendo de autorización oficial de traslado do gando, do carné de tratante e non te-lo vehículo rexistrado a tal fin.

Tipificación infracción:

Precepto infrinxido: artigos 1 e 3 do Decreto 355/1994 de 4 de decembro e artigos 52, 195 e 196 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigos 212 e 215.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

95-07346