Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-259/1994, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos personais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

* nº 311-152 116/7-Caixa Galicia. Oficina principal Lugo.

ANEXO:

Expediente: LU-259/1994.

Denunciado: César Martínez Folgueira.

DNI nº: 33.311.708.

Último enderezo coñecido: r/ Poeta Aquilino Iglesias, 18-3º B-Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 4 de outubro de 1994, no vehículo matrícula LU-7563-G, vinte cabezas de gando ovino, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria e do certificado de desinfección do vehículo.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxído: artigos 64 e 52.

-Precepto sancionador: artigo 217.3º.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 25.000 pesetas.

Lugo, 2 de outubro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

95-07345