Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.545

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (34/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos de xuízo executivo número 34/1994, que se seguen perante este xulgado, acordouse o embargo dos seguintes bens ó demandado José Cesar Conde Cid:

Vivenda letra B, na terceira planta alta dereita sita no municipio de Sanxenxo, incrita no Rexistro da Propiedade de Cambados no tomo 754, libro 144, folio 60, predio 9852.

Vivenda sita na rúa Nova de Abaixo, 2-4º F, inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra.

Vivenda fábrica de 8.000 metros cadrados, sita na Pobra do Caramiñal, San Lázaro.

Vehículo Ford Sierra matrícula C-6389-AL.

Para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que conste e sirva de notificación á esposa do demandado María José Valverde González, para os efectos establecidos no artigo 144 da Lei hipotecaria; expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela, vinteseis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

6906