Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.545

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (203/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 203/1994, se dictou a sentencia, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: en Santiago de Compostela, o sete de xullo de mil novecentos noventa e cinco, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 203/1994 no que actuaron como demandante Gilsen, S.A., representado polo procurador José Paz Montero e asistido pola letrada Rosaura Brey Cerdeira,

e como demandado Gonzalo Villar Aragunde declarado en rebeldía nas actuacións.

Decido: que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens do demandado ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade actora da cantidade de 208.177 ptas. de principal e xuros, xuros moratorios, custas e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 200.000 ptas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado-Rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Gonzalo Villar Aragunde, expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela o catorce de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

6987