Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (471/1990).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico, que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 471/1990, que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vinteoito de xuño de mil novecentos noventa e un.

Fernando Seoane Pesqueira, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Móstoles Industrial, S.A., representado pola procuradora Ángeles Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado Gómez Recuero, contra José Manuel Bello Rey, maior de idade, con domicilio en Santiago de Compostela, lugar de Carballal-Villestro, s/n, declarado en rebeldía, e decido, que debo mandar e mando seguir adiante na execución, ata facer remate dos bens embargados a José Manuel Bello Rey, maior de idade, con domicilio no lugar de Carballal-Villestro s/n, de Santiago de Compostela, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 200.000 pesetas, importe do principal; e ademais, ó pagamento dos gastos de protesto, xuros legais e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en legal forma á demandada en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9504015