Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (72/1994 e 88/1994).

Fidel Jesús del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia (A Coruña), fai saber que nos autos de verbal civil número 72/1994 e 88/1994 acumulados seguidos neste xulgado recaeu a sentencia que ten o encabezamento e decisión que literalmente din:

«Vistos por Fidel Jesús del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, os presentes autos de xuízo verbal civil, rexistrados baixo o número 72/1994 a raíz da demanda interposta por Adelina Figueroa Tubio, con domicilio en Lesende Lousame asistido do letrado Gil Iglesias contra Elvaria Boullón Boullón, con domicilio en Lesende Lousame, representada polo procurador Sánchez Trigo, asistida do letrado Pulleiro Manobell e outro xuízo verbal civil acumulado ó anterior e baixo o número 88/1994 por instancia de Adelina Figueroa Tubio, asistida do letrado Gil Iglesias, contra Elvira Boullón Boullón e contra Alfredo Portas, Carlos Portas Boullón e José Portas Boullón, declarados estes últimos en rebeldía procesual, versando a litis sobre dereito de rega».

Decido: «Que estimando a demanda interposta por Adelina Figueroa Tubio no seu propio nome e no da comunidade hereditaria do seu defunto pai, contra Elvaria Boullón Boullón, representada polo procurador Sánchez Trigo e contra Alfredo Portas, Carlos Portas Boullón e José Portas Boullón todos eles en rebeldía procesual, debo declarar e declaro que a actora ten dereito a rega-lo predio 450 do plano de concentración parcelaria desde as 8 horas e catro minutos da tarde do martes ata as 9 horas e vintedous minutos da tarde do mércores todo o ano coas augas procedentes do pozo de riba únense no pozo do medio, coas que veñen a través do paso e lavadoiro sito no predio dos demandados, da ponte Cova da Presa e de alí discorren ata o predio indicado e debo condenar e condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración, con imposición das custas á demandada.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que poden interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándooo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Alfredo Portas, Carlos e José Portas Boullón en paradoiro descoñecido expido o presente edicto en Noia o trinta de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

95-6969