Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.543

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1995 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística, a Mónica Ortúzar González.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 28 de outubro de 1994 (BOE do 14-11-1994), para a provisión de unha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento

de Expresión Artística da Universidade de Vigo, a prol de Mónica Ortúzar González, DNI nº 14.593.642, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mónica Ortúzar González profesora titular de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada,

que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 2 de novembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

6857