Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.542

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1995 pola que se anuncia a celebración dunhas xornadas sobre a avaliación do rendemento na Xunta de Galicia.

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Inspección Xeral de Servicios da Consellería de Presidencia e Administración Pública organiza unhas xornadas de estudio sobre a avaliación do rendemento na Xunta de Galicia, que terán lugar nas seguintes localidades e datas: A Coruña, o 13 de decembro; Lugo, o 20 de decembro; Ourense, o 14 de decembro; Pontevedra, o 5 de decembro e Vigo, o 21 de decembro.

Obxecto: proporcionarlles ós empregados públicos da Xunta de Galicia o coñecemento das bases, fundamento, obxectivos e metodoloxía do programa de avaliación do rendemento das unidades e centros da Administración autonómica que se vai poñer en práctica inminentemente, de xeito que a Xunta de Galicia poida contar con maiores elementos de xuízo na súa implantación.

Contido: analizaranse principalmente estes temas:

-Avaliación do rendemento na Xunta de Galicia.

-O artigo 63 bis da Lei da función pública de Galicia.

-Metodoloxía do proceso de avaliación e resultados da súa aplicación con carácter experimental.

Destinatarios: empregados públicos da Xunta de Galicia.

Desenvolvemento e duración: as xornadas celebraranse nos lugares e datas sinaladas, en sesións de mañá, desde as 10.30 ata as 14 horas.

Inscrición:

-Prazo: remata ós 10 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación no DOG desta resolución.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703, Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Telefax nº 57 15 40 ou segundo do disposto na Ley 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número (981) 57 15 40.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

-A lista de admitidos expoñerase no taboleiro de anuncios da EGAP 24 horas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Certificación de asistencia: entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

95-7441