Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo Bajamar Séptima, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 31-8-1995 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 30-6-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de setembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta do convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A.

Pola empresa:

Rafael Prieto.

Fernando Ilarri.

Fernando Alonso.

Pola parte social:

Divina Cruz (Comité-CIG).

Pilar Casal (Comité-CIG).

Miguel Anxo Abraira (CIG).

Luis Emilio (Comité-CC.OO.).

Carmen Andrade (Comité-CC.OO.).

Alfonso Quintana (CC.OO.).

Sendo as 11 horas do día 26 de xuño de 1995 reúnense as partes arriba sinaladas e acordan:

1. Iniciar as negociacións do convenio colectivo Bajamar Séptima, S.A.

2. Recoñecerse mutuamente capacidade negociadora entre as partes.

3. Designar a Miguel Anxo Abraira Sobrado como secretario de actas.

Tomados estes acordos inícianse a xuntanza propoñendo pola parte sindical a necesidade de facer un convenio para o grupo Pescanova de xeito que englobe, cando menos, a maioría das empresas existentes nel.

Ilarri toma a palabra para manifestar que el non se opón a tal convenio pero que debido a que este tema non foi discutido no organismo pertinente da empresa non pode transmitir postura da empresa a este respecto, aínda que mantén que de facerse o dito convenio tería cousas similares pero que tamén tería que haber diferencias en aspectos como o de salarios, xa que os competidores de cada empresa do grupo son distintos e as contas de explotacións de beneficios tamén.

Dado que a empresa non consultou a dita proposta nos órganos pertinentes e vendo que esta é interesante aprázase a reunión comprometéndose a comunicar a súa postura no prazo máis breve posible.

Acta do convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A.

Por la empresa están presentes:

Rafael Prieto.

Fernando Ilarri.

Fernando Alonso.

Por la parte social:

Divina Cruz (Comité-CIG).

Pilar Casal (Comité-CIG).

Miguel Anxo Abraira (CIG).

Luis Emilio (Comité-CC.OO.).

Carmen Andrade (Comité-CC.OO.).

Alfonso Quintana (CC.OO.).

Sendo as 10.30 horas do 27 de xuño de 1995 iníciase a xuntanza.

Retómase o debate da xuntanza anterior polo representante de CC.OO. o cal manifesta que o convenio de grupo debe empezarse a negociar nestes momentos; a CIG volta a manifestarse a favor do convenio de grupo pero a medio prazo establecendo nestes momentos un calendario de negociación del e empezando agora a negociar o convenio de Bajamar Séptima, S.A.; a empresa di que pode ser aceptado o convenio de grupo pero non neste momentos.

Iníciase un breve debate ó remate do cal CC.OO. solicita que se ausente un momento a empresa para falar entre os sindicatos; así o fai, e ó cabo dun anaco a CIG e CC.OO. solicitan a presencia da empresa e maniféstanlle que van introducir como un punto de reividicación para a negociación do convenio de Bajamar Séptima, S.A. que quede recoñecido a posibilidade de crea-lo comité inter-centros como paso previo ó convenio de grupo. O anexo proposto polos sindicatos di o seguinte:

Disposición adicional ós convenios colectivos en vigor

As partes pola respectiva representación que ostentan fan constar que o centro de traballo Bajamar Séptima, S.A. se adhíere ó comité intercentros que quedará constituído a partir de..., a súas funcións quedarán definidas no futuro convenio da compañía coa denominación que se determine no seu momento.

A empresa manifesta non aceptar o dito artigo polo que se inicia a negociación do convenio Bajamar Séptima, S.A. artigo por artigo.

Tras un longo debate acórdase aprobar por unanimidade o convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A. que se xunta, o cal entrará en vigor no momento da súa sinatura e será publicado no BOP.

Anexo á acta da xuntanza entre o comité e a empresa do día 27-6-1995

Coa presencia do mesmos membros que se relacionan ó principio da acta acórdase o seguinte:

Respecta-lo salario bruto anual dos traballadores que se relacionan ó final, os cales teñen un salario superior ó da súa categoría do convenio da empresa e teñen e terán dereito a tódolos incrementos que lles correspondan por acordos das mesas negociadoras, de acordo co salario bruto garantido:

Nome e apelidosSalario bruto

Jesús Paniagua Mediero3.500.000 ptas./ano.

Alberto Pérez Lago3.074.000 ptas./ano.

Pilar Mosquera Vázquez2.657.000 ptas./ano.

Trinidad de Saa Santamaría2.657.000 ptas./ano.

Serafín Boedo Cordal2.169.000 ptas./ano.

María Carmen Rodríguez Carrillo2.000.000 de ptas./ano.

Julio Vázquez Sánchez2.088.000 ptas./ano.

Rosa Pérez Vázquez1.646.000 ptas./ano.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio terá aplicación no centro de traballo de Bajamar Séptima, S.A., sito no Polígono Industrial de Sabón, parcela 13 de Arteixo, A Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal existente, no momento da súa sinatura en Bajamar Séptima, S.A., así como o que se incorpore posteriormente ós respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio estará en vigor desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro do mesmo ano. Cando non se produza denuncia dalgunha das partes o presente convenio entenderase prorrogado de ano en ano en tódalas súa cláusulas. A denuncia realizarase cunha antelación de dous meses ó remate de vixencia del, e comunicaráselle á outra parte e á autoridade laboral competente. Producida a denuncia manterase en vigor todo o articulado do convenio ata nova sinatura.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorverá e compensará aquelas melloras que puideran establecerse polas disposición legais vixentes en cada momento.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas acordadas en contrato individual entre empresa e traballador, vixente á entrada en vigor do convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: cinco membros repartidos proporcionalmente á representatividade obtida por cada sindicato nas eleccións sindicais.

Parte empresarial: cinco membros que designará a empresa.

Cando a comisión paritaria non chegue a acordo na interpretación ou aplicación do convenio, someterase á xurisdicción laboral competente.

Artigo 6º.-Grupo de clasificación.

O persoal ó servicio da empresa incluído no ámbito de aplicación deste convenio, queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais.

I. Persoal técnico: clasifícanse neste grupo aqueles que realicen traballos que esixan, con titulación ou sen ela, unha adecuada competencia práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo clasificarase á súa vez nos seguintes subgrupos:

I.1. Técnico con título superior.

I.2. Técnico con título medio.

I.3. Técnicos non titulados.

II. Administrativos e persoal de mantemento: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior, así como o persoal que se dedique a funcións de mantemento. Este clasificarase á súa vez en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

III. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que execute fundamentalmente traballo de índole material ou mecánica, e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno. Este á súa vez clasificase en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

Artigo 7º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na previsión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar os traballadores/as que no momento de iniciarse a selección conten con contratos a tempo parcial, en segundo lugar os que estiveran relacionados coa empresa e en terceiro lugar as peticións dos fillos ou fillas dos traballadores/as en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolles o emprego en todo caso, se superan as probas de aptitude que corresponda. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e saber non sexan inferiores ó doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informar ó comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráselle difusión no taboleiro de anuncios.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa procurará empregar o persoal que por razóns de idade ou doutra índole se ve reducido na súa capacidade física ou intelectual en tarefas que se axeiten ás súas condicións reais, en caso de que existan as ditas tarefas. Igual criterio se seguira con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 9º.-Xornada e horario de traballo.

A xornada anual será de 1.742 horas de traballo efectivo, distribuída de luns a venres en quendas de mañá, tarde e noite repartido do seguinte xeito:

Producción, servicios auxiliares e administración de servicios.

Mañá: 6 a 14 horas.

Tarde: 14 a 22 horas.

Noite: 22 a 6 horas.

Administración inverno.

Grupo A:

Mañá: 8 a 14 horas.

Tarde: 15 a 17.10 horas.

Grupo B:

Mañá: 8 a 14 horas.

Tarde: 16 a 18.10 horas.

Administración verán (15 de xuño a 15 de setembro inclusive).

Grupo A e B: xornada única de 8 horas a 15 horas.

Trimestralmente comunicaráselle ó comité o número de quendas realizadas por cada traballador para o seu control. A empresa poñerá os medios necesarios para que ó rematar o ano o número de xornadas de noite, tarde e mañá sexan igual para tódolos traballadores/as non voluntarios na quenda de noite.

O traballo dos sábados farase con persoal nos contratos do cal así se especifique ou con persoal voluntario.

Artigo 10º.-Vacacións.

Todo o cadro de persoal desfrutará de 22 días laborais de vacacións sendo estes, para 1995, os seguintes:

-Febreiro: 27.

-Xullo: 24 e 31.

-Agosto: 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11 e 14.

-Outubro: 13.

-Decembro: 7, 26, 27, 28 e 29.

Os días 26, 27 e 28 de xullo desfrutará de vacacións a metade do cadro de persoal e os que non desfruten estes días desfrutarán os días 14, 17 e 18 de agosto.

Os vindeiros anos a 1995 as vacacións serán pactadas entre o comité de empresa e a empresa mantendo unha conformación similar á de 1995.

Artigo 11º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se realice, conforme a seguinte escala:

-Técnicos titulados sen contrato en prácticas: seis meses.

-Resto de persoal e técnicos titulados con contrato en prácticas:

* Contrato de ata seis meses: 15 días de proba.

* Contrato de máis de seis meses: 1 mes de proba.

Artigo 12º.-Licencias non retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a 10 días de permiso non retribuído ó ano para asuntos propios debidamente xustificados que se, poderan fraccionar en dous períodos sendo o tempo mínimo que se poderá coller de 5 días. A traballadora avisará cun prazo mínimo de 7 días naturais salvo causas de forza maior.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificándoo adecuadamente, terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: quince días.

b) Tres días naturais en caso de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata terceiro grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para tal efecto, o prazo será de cinco días.

c) Un día por traslado de domicilio.

d) Un día por intervención cirúrxica sen internamento, recoñecemento médico de pais, cónxuxes e fillos.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal.

f) Polo tempo indispensable para acudi-lo traballador a probas ou consultas médicas nos centros sanitarios da Seguridade Social, sempre que se acredite fidedignamente, e se notifícase con anterioridade á empresa.

Concédense os mesmos dereitos ó compañeira/o que á esposa/o, tanto no caso de parto como de enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse naturais.

Artigo 14º.-Vestiario.

Todo o persoal da empresa, dependendo da tarefa que teña que realizar, recibirá o seguinte vestiario:

Operarias

CantidadeRopua

1Par de zocos.

2Calzóns frío muller.

2Camisetas de frío.

2Casacas.

2Pantalóns.

4Pares de calcetíns.

Encargadas

CantidadeRoupa

1Par de zocos.

1Calzón frío muller.

2Camisetas de frío.

2Batas.

2Pantalóns.

4Pares de calcetíns.

Cámaras

CantidadeRoupa

1Par botas-illadas frío.

2Xerseis.

2Pasamontañas.

2Fundas.

1Traxes de frío.

4Pares de calcetíns.

2Camisetas de frío.

* O vestiario de frío entregarase ó incorporarseó cadro de persoal e repoñerase cando se produza rotura ou deterioración.

Administrativos e carretilleiros externos

CantidadRoupa

1Par de zocos.

2Pantalóns.

2Batas.

4Pares de calcetíns.

2Camisetas de frío.

Mantemento

CantidadeRoupa

1Par de botas.

2Fundas.

4Pares de calcetíns.

2Camisetas de frío.

O persoal de mantemento contará con roupa adecuada para realiza-lo traballo en cámaras, sendo esta esterilizada despois de cada uso.

Resto de persoal

CantidadeRoupa

1Par de zocos.

2Batas.

Artigo 15º.-Estructura salarial.

Salario base: será igual para todo o persoal de Bajamar Séptima, S.A., sendo o seu valor de 67.000 pesetas.

Antigüidade: devengarase en trienios cun valor de 4.300 ptas./trienio.

Plus de convenio: é o plus que aparece nas táboas salariais e é identico para tódalas categorías e seccións.

Plus de cualificación persoal: plus de cualificación persoal segundo categorías. Aparece recollido nas táboas anexas.

Complemento de posto de traballo: é o complemento que se perciba polas condicións específicas do posto de traballo.

Artigo 16º.-Salarios.

Son os que constan na táboa salarial anexa e que supoñen unha suba do 4% con respecto ós salarios existentes antes da sinatura do convenio.

Artigo 17º.-Pluses.

Plus de nocturnidade: as traballadoras/es que realicen a súa xornada na quenda de noite percibirán a cantidade de 1.000 ptas./noite. As traballadoras/es a tempo completo qu permanentemente traballen de noite percibirán un plus de 30.000 ptas./mes. As persoal que desexen apuntarse ou deixar de pertencer ó dito grupo deberán comunicalo á empresa cun mes de antelación.

Plus de dispoñibilidade: as traballadoras/es que teñan contratos a tempo parcial percibirán un plus de 10.000 ptas./mes no caso de que igualen ou superen o 50% da xornada pactada; no caso de que sexa infe

rior ó 50% percibirán o que lles corresponda proporcionalmente á xornada traballada.

Compensación por gasto de transporte: o persoal de administración que por ter unha xornada distinta ó sercicio de autobús, que ten posto á disposición dos traballadores a empresa, percibirá a cantidade de 7.000 ptas./mes en concepto de transporte.

Cando por causas imprevistas e atípicas un traballador teña que facer algún desprazamento, a empresa aboaralle o custo dun servicio de taxi para face-lo dito desprazamento.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

É firme a vontade de ámbalas partes para a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Para o suposto de que fora necesaria a súa realización retribuirase segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%. As horas que se realicen en domingos e festivos retribuiranse cun 75% de incremento, compensando, á súa vez, as horas traballadas por horas de descanso, nos primeiros quince días despois de seren realizadas as ditas horas.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais, as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencias nas quendas provocadas por licencias retribuídas ou IT.

-Ausencia imprevista de relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias que poidan afectar á producción e períodos punta de traballo.

Artigo 19º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, incluído o persoal con contratos para a formacion, desfrutará de 3 pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que correspondan. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

b) O día 15 de xullo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 30 de xuño do ano que se paga.

c) O día 15 de decembro. O período de devengo é do 1 de xullo ó 31 de decembro do ano no que se paga.

As ditas pagas serán sempre completas aínda que se produzan baixas por accidente ou enfermidade e serán iguais, e faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

Así mesmo tódolos traballadores e traballadoras cobrarán unha cuarta paga consistente en 15 días de salario base máis a antigüidade, que será aboada o 15 de outubro. A dita paga devengarase desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

Artigo 20º.-Contrato de aprendizaxe:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despido improcedente, obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato de aprendizaxe.

Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

Prórroga: mínima de 6 meses.

Idade: de 16 a 23 anos.

Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

Titor: cada dous aprendices como máximo terá un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que teña que adquiri-lo aprendiz.

Salario: o primeiro ano ó 100% do salario base do convenio e o segundo ó 120% do salario base do convenio.

Artigo 21º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 1.500 ptas. Deberá entón partirse a xornada laboral considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder relizala dita comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

En caos especiais, co consentimento do seu xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderase autoriza-lo pagamento da axuda de custo sen a partición da xornada laboral establecida.

Artigo 22º.-Complemento por I.T. en caso de accidente de traballo.

Cando o persoal da empresa estea en situación de IT terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir; percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando sempre e cando sexa debido a A.T. ou E.P., así mesmo percibirá ata o 100% do seu salario cando se trate de E.P. e E.C. que requira hospitalización.

A tódolos traballadores/as da sección de fabricación, mantemento e servicios auxiliares aboaráselles, na totalidade das baixas, o 100% do seu salario se no semestre natural anterior non ser superior o 6% de absentismo laboral nestas seccións. Outro tanto sucederá cos traballadores/as de administración se nesta sección non se superior o 3% do absentismo no semestre anterior.

Artigo 23º.-Indemnización no caso de morte ou invalidez permanente por causa de accidente.

Con independencia das indemnización obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a concentración de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día.

A. Por accidente non laboral.

A.1. Morte do traballador/a.

Os herdeiros do traballador/a, ou no seu defecto a persoa que o mesmo designara, percibirán a cantidade de seis millóns setencentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas.

A.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas para os primeiros casos, trece millóns catrocentas sesenta e unha mil duascentas noventa e sete pesetas nos segundos casos e vinteseis millóns novecentas vintedúas mil cincocentas noventa e catro pesetas nos terceiros casos.

B. Por accidente laboral.

B.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designara, percibirán a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas.

B.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas para os primeiros casos, trece millóns catrocentas sesenta e unha mil duascentas noventa e sete pesetas nos segundos casos e vinteseis millóns novecentas vintedúas mil cincocentas noventa e catro pesetas nos terceiros casos.

Entenderase por invalidez permanente total, a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por inválidez permanente absoluta, a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia das perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra pesoa para relizar os actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Estas condicións quedan establecidas na póliza de seguros a copia da cal sera entregada ó comité de empresa.

Artigo 24º.-Servicio militar.

Tódolos traballadores que tendo 2 ou máis anos de antigüidade na empresa, de ter que cumpri-lo SMO, PSS ou castigo pola súa negativa, terán dereito a conservación do posto de traballo.

Artigo 25º.-Xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carter obrigatorio, ós 65 anos, para todo o persoal da empresa.

Non obstante a empresa realizará os trámites precisos para o obxecto de xestiona-la xubilación anticipada e voluntaria co 100% da base de cotización que lle corresponderá ós 65 anos e que teñan cotizado ó réxime da Seguridade Social antes do 1 de xaneiro de 1967.

Se a empresa decidise cubrir estas baixas terá en conta o disposto no artigo 7º.

Ó producirse a xubilación forzosa a quen leve máis de 20 anos traballando a empresa, concederalle un premio de tres mensualidades completas; no caso de que leve máis de 15 anos dúas mensualidades completas e nos casos que a antigüidade sexa de 10 ou máis anos unha mensualidade, tamén, completa. Se a dita xubilación se anticipa ós 65 anos gratificarase ademais de co dito anteriormente, ó traballador/a con 15 días máis por ano de anticipo.

Artigo 26º.-Aplicación do presente convenio e vinculación á totalidade.

Se a empresa por causas económicas ou doutra índole decidise non aplica-lo presente convenio, terá que contar previamente coa autorización da comisión paritaria e no caso de non mediar acordo serán os tribunais do Social os que arbitren unha solución definitiva. Mentres non haxa acordo ou resolución a aplicación do presente convenio será de obrigado cumprimento.

As condición pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, por conseguinte, a non aplicación dalgunha das condicións nel pactadas supoñen as da totalidade.

No suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, non aprobase ou modificase algunha das súas cláusulas, a comisión negociadora do convenio deberá reunirse para revisalo.

Artigo 27º.-Formación de persoal.

Os obxectivos en formación son os seguintes:

-Integra-la formación na política global de xestión de recursos humanos da empresa.

-Pontenciar iniciativas de formación que favorezan a modernización e xestión da empresa.

-Impulsar unha formación continua que asegure o mantemento das competencias dos empregos e, ó mesmo tempo, facilite a adquisición de novas capacidades que estimulen a promoción interna.

-Renovar e desenvolve-las destrezas e coñecementos en función da previsible evolución das profesións e empregos, centrando a atención nas cualificacións que se requiren para o futuro.

-Ampliar e desenvolve-la colaboración con outras institucións públicas en aqueles programas que complementen iniciativas de formación da compañía.

Financiamento da formación.

A formación poderase realizar dentro ou fóra da xornada laboral. No caso de ser realizada fóra da xornada laboral a empresa aboaralle ó traballador/a as

horas realizadas a razón do 50% do seu salario/hora ou ben en tempo libre a razón do 50% das horas realizadas de formación.

No caso de que a formación requira desprazamento ou necesidade doutro tipo de axudas de custo estas serán aboadas pola empresa integramente.

Artigo 28º.-Regulamento de réxime interno.

Durante a vixencia do presente convenio a empresa, de acordo co comité, elaborará un regulamento de réxime interno que conterá tódolos detalles posibles relativos a: organización do traballo, categorías profesionais, faltas e sancións e todo o que poida resultar de común interese para as relacións entre traballadores e empresa.

Artigo 29º.-Garantías dos/as representantes dos/as traballadores/as.

A empresa garantirá que tódolos dereitos dos reprensentantes que a Lei 8/1980, do 10 de marzo, e a súa reforma (Lei 11/1984) prevé que serán escrupulosamente cumpridos.

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular un ou varios traballadores trimestralmente.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Grupo Pescanova

Fernando Ilarri Junquera

Director de Persoal e Recursos Humanos

95-7685