Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.535

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 31 de outubro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón, denominada J.G.A. número 17 a favor de Benito Ramos Lesende e Máximo Alcalde Lesende.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no

artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: J.G.A. nº 17

Cultivo: mexillón

Localización: Caramiñal E, cuadrícula nº 24

Data da concesión: 10-1-1968

Data do remate da última prórroga: 22-1-1998

Anterior concesionario: Benito Ramos Lesende

Novo titular da concesión e batea: Benito Ramos Lesende e Máximo Alcalde Lesende

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 31 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado Territorial da Coruña

95-06091