Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a dos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción da lexislación vixente de pesca fluvial, do expediente sancionador P-52/1995 e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun

mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu aboamento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

ANEXO

-Expediente: P-52/1995.

Denunciado: Mario Abel Platas Ferreiros.

Enderezo: Casas Sindicales, 60-1º-Lugo.

Feito denunciado: practica-la pesca carecendo de licencia, en época de veda e sen permiso de couto. Pescar no couto de Ombreiro na zona da illa da ponte colgante, devolvendo unha troita de 300 g ó río, viva. Feitos ocorridos o 27-2-1995.

Precepto sancionador: 34.1º, 34.8º e 34.10º.

Sanción: 100.000 ptas de multa, 1.000 ptas de indemnización e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente: P-53/1995

Denunciado: Mario Abel Platas Ferreiros.

Enderezo: Casas Sindicales, 60-1º-Lugo.

Feito denunciado: pescar en época de veda, en tramo de río acoutado, sen permiso e sen licencia, sen capturar peza ningunha e utilizando como cebo culleriña Mega nº 3.

Feitos ocurridos o día 1-3-1995 no río Miño, couto de Ombreiro-Outeiro de Rei.

Precepto sancionador: 34.1º, 34.8º, 34.10º e 34.14º.

Sanción: 150.000 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente: P-55/1995.

Denunciado: Mario Abel Platas Ferreiros.

Enderezo: Casas Sindicales 60-1º-Lugo.

Feito denunciado: ser sorprendido practicando o deporte da pesca con cana en época de veda, carecendo de licencia de pesca, empregando como cebo miñoca de terra.

Feitos ocorridos no río Vilamoure, Lugo o día 2-3-1995.

Precepto sancionador: 34.1º, 34.8º e 34.14º.

Sanción: 150.000 ptas. de multa, 1.000 ptas. de indemnización e un ano de inhabilitación para obte-la licencia.

-Expediente: P-156/1995.

Denunciado: Aquilino Rodríguez García.

Enderezo: Campo da Feira, 12-Pobra de San Xulián-Láncara-Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca no couto de pesca sen morte do río Neira-Pobra de San Xulián-Láncara o día 9-4-1995, incumprindo as prescricións especiais dictadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para determinados treitos ou masas de auga; carecendo de permiso de couto, non restituir ás augas capturas conseguidas (seis troitas) e usar como cebo catro plumas provistas de arponciño. Orde do 24-2-1995 (DOG nº 50 do 13-3-1995).

Precepto sancionador: 33.9º, 34.10º e 34.14º.

Sanción: 80.000 ptas. de multa, 12.000 ptas. de indemnización e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 25 de outubro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9507339