Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de captación, distribución, rede de sumidoiros e pavimentación en Chao e Forcadas (concello de Chandrexa de Queixa-Ourense), e catro máis.

Por Resolución do 6 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-las obras ás empresas:

1. Captación, distribución, rede de sumidoiros e pavimentación en Chao e Forcadas (concello de Chandrexa de Queixa-Ourense): X-2775. (Nº 212).

Construcciones y Obras, S.A.V.U.R., S.L., importe de adxudicación: 19.068.827 pesetas.

2. Abastecemento de auga potable ós núcleos de Pontella e Santiso (Malpica de Bergantiños-A Coruña): X-2906. (Nº 213).

Construcciones y Obras, S.A.V.U.R., S.L., importe de adxudicación: 14.506.705 pesetas.

3. Canalización de augas de rego no concello da Peroxa (Ourense): X-3016. (Nº 214).

Construcciones y Obras, S.A.V.U.R., S.L., importe de adxudicación: 8.901.782 pesetas.

4. Abastecemento de augas ó municipio de Sandiás (Ourense): X-3053. (Nº 215).

Antonio González Espina, S.A., importe de adxudicación: 26.923.096 pesetas.

5. Depuración de vertidos en varios núcleos do concello de Baltar (Baltar-Ourense): X-3096. (Nº 216).

Construcciones y Obras, S.A.V.U.R., S.L., importe de adxudicación: 17.886.600 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7341