Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto das obras de repoboación forestal no monte Barbanza e Grallade, e cinco máis.

Por Resolución do 26 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-las obras ás empresas:

1.-«Repoboación forestal en m/ Barbanza e Grallade (1512)».

Etega, S.A., importe de adxudicación: 39.450.000 pesetas.

2.-«Repoboación forestal en m/ Barbanza de Enxa, Xian e Dordo (1513)».

Etega, S.A., importe de adxudicación: 26.240.122 pesetas.

3.-«Repoboación forestal en m/ Anceu, Cotadoiro e Valgrande (4428)».

Etega, S.A., importe de adxudicación: 41.600.000 pesetas.

4.-«Repoboación forestal en m/ da conca do río Oitavén (4431)».

Norte forestal, S.A., importe de adxudicación: 42.690.000 pesetas.

5.-«Repoboación forestal en montes do termo municipal de Pazos de Borbén (4504).

Forestación y repoblación, S. A., importe de adxudicación: 36.564.811 pesetas.

6.-«Repoboación forestal en m/ do termo municipal de Cotobade II (4519)».

Norte forestal, S.A., importe de adxudicación: 42.940.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-7343