Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación e publicación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Añobre (Vila de Cruces-Pontevedra).

O xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pon en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de

Añobre (Vila de Cruces-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 173/1994, do 2 de zuño (DOG 17-6-1994) que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de setembro de 1995, aprobou as bases definitivas de concentración da devandita zona, que estarán expostas ó público no local do Concello de Vila de Cruces, na cámara agraria local e na parroquia, durante un prazo de trinta días a partir do seguinte ó da inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).Os documentos que se poden examinar nos lugares de exposición, refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e excluídas e relación destas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a

determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases poden os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos trinta días sinalados, na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra (r/ Benito Corbal, 47-7º), nas oficinas centrais da consellería (edificio de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do concello para facérlle-las notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérlle-las notificacións.

Pontevedra, 24 de outubro de 1995.

José Félix Hernáez Ruiz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

7344