Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1995 pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación para pase a concesión derivada de permiso de investigación Francisquito, número 5037.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que a Dirección Xeral de Industria decidiu que o proxecto de explotación da concesión derivada de permiso de investigación denominado Francisquito nº 5037, sito nas parroquias de Moucide (Santo Estevo), Cangas (San Pedro) eRúa (Santa María), dos concellos de Cervo, Foz e O Valadouro, promovido por Basazuri, S.L. fose sometido ó Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

En cumprimento do establecido no artigo 5, apartado 2º do referido decreto,

RESOLVO:

1.-Someter, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de investigación denominado Francisquito nº 5037, sito nas parroquias de Moucide (Santo Estevo), Cangas (San Pedro) e Rúa (Santa María), dos concellos de Cervo, Foz e O Valadouro, promovido por Basazuri, S.L.

2.-O estudio de impacto ambiental expoñerase ó público nesta delegación provincial, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3.-As alegacións formularanse, durante o dito prazo de trinta días hábiles, ante esta delegación provincial.

Lugo, 23 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7342