Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.439

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (198/1994).

En virtude do acordado por María del Coral Rodríguez Liñares, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data, dictada no Or.Suma.Hipo. Art. 131 Ley hipotecaria nº 00198/1994, que se segue neste xulgado a pedimento do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra e María Ángela López Ledo, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, o seguinte predio:

1.-Urbana, sita no lugar da Escravitude, parroquia de Cruces, concello de Padrón; ten forma irregular, alongada, e a súa superficie irregular, alongada, e a súa superficie aproximada tras unha recente medición é de 9.500 m. Linda: norte, con camiño veciñal da Escravitude a Cruces e camiño do monte do santuario; sur, con predio de Eduardo Otero e adro do santuario da Escravitude; leste, camiño do monte do santuario, e oeste, camiño de Cruces, encravado de Blanca Vidal Rey e campo do santuario. Toda ela está choída dun muro de canteiría da súa propiedade, que nalgunhas zonas ten zócolo de formigón. O seu acceso teno desde o campo do santuario á casa e o xardín dela, e ó resto do predio por dous portalóns

situados, un no camiño de Cruces e o outro no camiño do monte do santuario. Sobre ela existe unha casa de planta baixa, piso principal e planta baixo cuberta, e ocupan cada unha das dúas primeiras 292 m e séndolles anexa unha banqueta de granito no seu lado esquerdo por baixo da que pasa un cano que conduce auga para un pozo que se acha situado diante da casa e arrimado á súa fachada, do cal se serve soamente a casa que se describe; distribúese a planta baixa en vestíbulo, entrada, despacho, salón, comedor, cociña, oficio, lavadoiro, dormitorio e baño de servicio e aseo; a planta primeira en salón, catro dormitorios e distribuidores; e a planta baixo cuberta distribúese en cinco dependencias sen uso determinado. Así mesmo col do predio existe un garaxe duns 50 m con fachada de 7 metros sobre o camiño de Cruces. Inscrita no rexistro da propiedade de Padrón ó tomo 521, libro 123, folio 115 vto., predio 1329 duplicado.

2.-Piso baixo a parte principal do edificio, do que son anexos o xardín superior da casa, a adega posterior do edificio, o paso existente entre o xardín baixo da casa e a rúa da Hedra, e un tendedoiro que fai de tellado sobre a cociña e o corredor deste predio. Ten unha superficie construída aproximada de 450 metros cadrados, e o seu acceso polo portal principal do edificio e polo portal de servicio. Pertence a este predio a zona da cociña, despensa, lavadoiro, habitación e baixo de servicio do piso principal, aínda que na actualidade non se ten realizada a división material. Distribúese en 18 dependencias, corredores, escaleiras e adegas. É dereito deste predio realizar un acceso directo desde o portal principal do edificio a través dunha alcoba que o comunicará co corredor actual de entrada e dereita do predio nº 1. Asígnaselle unha participación nos elementos e gastos comúns do 45%. Este predio está gravado cunha servidume de paso, en favor do predio nº 1, polo paso existente

entre o xardín baixo da casa, pertencente ó predio dominante, e a rúa da Hedra, e que se estende sobre o edificio a que pertencen ámbolos predios e ó garaxe colindante da propiedade de Plácido Otero. O edificio matriz do que forma parte descríbese así: casa no termo da vila de Villafranca del Bierzo, na rúa da Hedra e tamén de Saavedra nº 10, que se compón de piso baixo, entrechán, principal e cuarto segundo, con adega, celeiro, corte, xardín con fonte e horta na súa traseira, e todo iso cunha cabida de 867 metros e 35 decímetros cadrados. Linda: fronte ou sur, en lonxitude de 29 metros e 40 decímetros, coa rúa Hedra ou Saavedra; traseira ou norte, horta de Jesús Témez e horta de Balbino Álvarez de Toledo; dereita segundo se entra ou nacente, casa de Emilia Castellanos Sánchez; e pola esquerda ou sexa, poñente, co predio segregado e xardín de Balbino Álvarez de Toledo. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Villafranca del Bierzo, no tomo 1082, libro 79, folio 64, predio nº 9858.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Tetuán, s/n, desta cidade, o día dezaseis de xaneiro, ás 10.30 horas, previndo ós licitadores de seguinte:

Primeiro.-O tipo da poxa é: para o predio nº 1 de 75.594.000 ptas e para o predio 2 de 26.370.000

ptas., ámbolos dous fixados na escritura de préstamo, e non se admitirán ofertas que non cubran a dita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta deste xulgado nº 157500018019894 do Banco Bilbao Vizcaya o 20% da cantidade mencionada, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceiro.-O remate poderase facer en calidade de o ceder a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia con anterioridade.

Quinto.-Que os autos e certificacións a que refire a regra 4ª, do Art. 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifiesto na secretaría deste xulgado, e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Sexto.-Que as cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó credito do demandante, continuarán subsistentes, entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Se non houber licitadores na primeira poxa, sinalase para a segunda o día trece de febreiro ás 10.30 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración; e clebrarase a terceira poxa, se é o caso, o día doce de marzo, as 10.30 horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón o tres de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-07484